O antes e o despois do miliario de Zadagós

O miliario de Zadagós (Sandiás) da calzada romana Vía XVIII ou #VíaNova que ía de #BracaraAugusta (Braga) á #AsturicaAugusta (Astorga). 



O miliario de Zadagós antes da súa rehabilitación e posterior colocación no seu sitio orixinal 

O miliario de Zadagós, que marca a Milla LXXI,dedícouselle ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e dunha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos 90, conseguiu do seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía. 

O miliario de Zadagós despois da súa rehabilitación e a colocación no seu sitio orixinal 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)