#Memoriarural 1979: Victorino Núñez elixido presidente da Deputación de Ourense
Obter ligazón
Facebook
Twitter
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
#Memoriarural 1979: Victorino Núñez (Unión de Centro Democrático (UCD)) era elixido presidente da Deputación de Ourense coa maioría dos votos da corporación.
Foto de María Concepción Méndez Gándara, nun cartel electoral das eleccions locais do ano 2007 Outra interesante entrada relacionada ca historia local de Sandiás, neste caso no mundo da política local, dedicada a María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades de Ourense (moitos anos en Xinzo de Limia) e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos (1979-2015). Pódese ver no impresionante blog ¨Historia das nosas Mulleres Ourensás¨ da profesora e investigadora ourensá Rosa Cid Galante. Máis información no seguinte ligazón: https://mulleresourensas.blogspot.com/2023/07/maria-concepcion-mendez-gandara.html
Por Vicente Risco ( Vida Gallega , xullo 1957) Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás. Tradución do orixinal en castelán. O desecamento da lagoa de Antela, vella ilusión dos economistas do século XVIII, recollida despois polo Deán Bedoya e por outros, da actualidade a unha das comarcas máis definidas e máis fermosas de Galicia. Teño pasado longas tempadas á beira daquela gran chaira, na Pereira, parroquia de San Pedro de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga –Rairiz, Sabariz, nomes xermánicos; predominio de cabeleiras loiras e ollos claros; afección a montar cabalos e eguas longas, de gran alzada: as bestas limiás. No período de entre guerras, aínda levaban os homes os seus chalecos con mangas, tecidos e feitos na casa, encarnados e rebereteados de trenzado negro, e os seus chapeus tecidos por eles en palla centea. Botabamos longas parolas nun comercio deses de todo, ó comezo da noite, polo tempo das mallas – facíanas a máquina, con máquina alugada, preparan
#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas), baixo o slogan ¨Artellar Galicia¨. Na foto da primeira páxina, podemos observar na mesa constituinte, á alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez, na parte da esquerda da foto, e a alcaldesa de Cualedro, Marina Cuquejo, na parte dereita da foto.
Comentarios
Publicar un comentario