Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2010

Visitas ás areeiras recuperadas (os humedais de Sandiás)

Imaxe
Desde o punto de vista medio ambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visita-las Areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente para a flora e a fauna situadas a 5 Km da Casa da Lagoa. Nestes humedais podense observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona. É importante destacar que parte dos elementos do antigo ecosistema húmido manteñense na actualidade na mesma chaira que ocupou a lagoa de Antela, que constitúe unha área vital de invernada para moitas especies raras e ameazadas que atopan nas areeiras da Limia un lugar como refuxio, nidificación e alimento. Unha causa disto foi a explotación de áridos no concello de Sandiás que creou moitas pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación xurdiu por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, actualmente Consellería de Medio Ambiente, o establecemento dun proxecto de restauración para as graveiras abandonadas. O

Actividades extraescolares na Casa da Lagoa de Antela

Imaxe
A Casa da Lagoa é un centro de interpretación que se abriu a mediados do ano 2008 nunha antiga casa labrega no centro da vila de Sandiás (A Limia - Ourense) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación nos anos 60, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e do patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os alumnos e visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con is

Biblioteca de publicacións en PDF relacionadas co concello de Sandiás

Imaxe
Issuu é unha biblioteca comunitaria onde os usuarios envian os seus PDF. Nesta biblioteca virtual aparecen publicacións relacionadas co concello de Sandiás e coa Lagoa de Antela, como poden ser artigos sobre o primeiro proxecto de desecamento da lagoa de Antela no século XVIII, carteis da xornada sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela , artigos sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela, postal da torre do Castro, artigos sobre a torre do Castro, etc. Todo isto podese ver en: http://issuu.com/torredocastro

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

Imaxe
“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arr

O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera as 4.000 imaxes

Imaxe
Capela do San Mateo en Vilariño das Poldras Igrexa, reitoral e cruceiro de Santo Estevo de Sandiás O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera xa os 500 membros e xa atesoura mais de 4.000 imaxes. Unha das principais motivacións deste arquivo fotográfico é que sirva para difundir e por en valor a nosa arquitectura máis tradicional, moita dela ameazada e vitima do abandono pola despoboación do noso rural. Calquera pode contribuir o grupo subindo fotos do patrimonio arquitectónico tradicional galego (principalmente ARQUITECTURA SEN ARQUITECTOS) (Airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras/palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes (só pontellas, pasadoiros, ...), pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, etc), e petos de ánimas e cruceiros. http://www.flickr.com/

Sae o número 3 da revista A Torre do Castro (Revista cultural e turística do Concello de Sandiás)

Imaxe
Neste número seguimos dando a coñecer aspectos relacionados coa historia da lagoa de Antela, neste caso por medio dun artigo que nos fala do primeiro proxecto de desecamento da lagoa presentado a mediados no século XVIII pola Academia de Agricultura do Reino de Galicia que foi publicado nunha versión máis extensa na revista Lethes. Así mesmo facemos unha breve biografía dos primeiros emigrantes de Sandiás en América, Alonso de Santana e frei Xosé Seguín, nuns séculos nos que a emigración galega cara a ese continente era moi puntual. Nos artigos dedicados o noso patrimonio histórico-artístico falamos das igrexas das tres parroquias do noso concello, así como da Pedra Alta, un dos símbolos da Limia. Na recompilación de vellos artigos dedicados ó noso pasado máis cércano, botamos man dun artigo publicado por Vicente Risco no ano 1957 na revista Vida Gallega no que se nos fala da Limia de antes do desecamento da lagoa de Antela. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial seguimos te

Actividades de promoción

Imaxe
É innegable que a posta en valor do noso patrimonio rural ten que vir acompañada de accións para dar a coñecer e valorar este patrimonio primeiramente entre os veciños, e logo entre os posibles visitantes. Para iso o Concello de Sandiás organizou unhas xornadas de portas abertas para que todos aqueles veciños que así o desexaron achegáronse a visita-lo centro de interpretación e así podelo coñecer de primeira man. Así mesmo, realizáronse outras accións divulgativas relacionadas coa promoción do noso patrimonio histórico-artístico, destacando entre estas a solicitude á Fundación ONCE por parte do Concello de Sandiás para a emisión dun cupón co gallo do 400 aniversario do remate do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2007), obra na que traballou un dos mellores artistas do século XVII en Galicia, o escultor Francisco de Moure. No último trimestre do ano 2009 o Concello de Sandiás puxo en marcha unha serie de actividades destinadas a dar a coñecer o seu rico patrimonio entre os seus

Dinamización da Casa da Lagoa

Imaxe
Para a dinamización do centro botouse man da formula dos ¨voluntarios culturais¨, que a figura máis indicada para transmitir a cultura e as tradicións do territorio. Neste intre os encargados de mostrar a Casa da Lagoa son algúns membros da Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa, asociación que ten como un dos seus obxectivos a dinamización e o apoio á Casa da Lagoa. Neste centro así como na Casa da Cultura do Concello de Sandiás desenvolvéronse algunhas das accións de sensibilización, dinamización e formación sobre os recursos patrimoniais da comarca, como por exemplo, a xornada sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008), que reuniu a especialistas da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), así como outros profesionais e xente interesada en coñecer un episodio da nosa historia. Dende a nosa asociación cremos que a visita ó centro de interpretación da lagoa de Antela axuda a cumprir os obxectivos de dinamización do noso rural, e contribúe

Visitantes na Casa da Lagoa

Imaxe
Con respecto ós visitantes que este ano se achegaron a coñecer o noso concello, coa súa visita á Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), desde o mes de xuño de 2008 ata o mes de xuño do ano 2009 contabilizáronse un total de 786 visitantes. A maioría destas visitas están compostas por colexios e institutos da provincia de Ourense, pero tamén houbo doutras provincias, como foi o caso do Instituto de Baio (Zas - A Coruña) e o Instituto de Ponteareas (Pontevedra) (Visitáronnos, por exemplo: CEIP Laureano Prieto (A Gudiña), CEIP Vila do Arenteiro (O Carballiño), CEIP de Maside, CEIP de Rairiz de Veiga, etc.) pero tamén tivemos visitas de: asociacións de mulleres rurais (Asociación de Mulleres Rurais de Ramirás (Ourense)), asociacións ecoloxistas (Verdegaia), asociacións culturais (Asociación de Amigos da Barreira (Ourense), Asociación de Amigos dos Museos de Galicia (A Coruña)), asociacións veciñais (Asociación de Veciños da Lourenzá (Lugo)), profesores e alumnos da Uni

A historia da lagoa de Antela a través da Casa da Lagoa

Imaxe
Casa da Lagoa de Antela (Sandiás) Á hora de diferenciarse dos concellos da nosa provincia, o Concello de Sandiás optou pola creación dun produto turístico que ten como fio condutor a historia da lagoa de Antela. Obviamente, a lagoa de Antela deixou de existir hai bastante tempo, mais para dala a coñecer botamos man da interpretación. A interpretación é a ferramenta de que dispomos para facer accesible intelectualmente un ben a un visitante, que moi probablemente non teña as claves suficientes para poder gozar daquilo que está contemplando. Para iso, no centro da vila de Sandiás desde xuño de 2008, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, unha antiga casa labrega acolle o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. O Concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamizar os núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turístico”. Son cinco salas de exposición máis outras cos servizos habitu

A lagoa de Antela

Imaxe
Na comarca da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica. Esta lagoa atesouraba unha gran riqueza arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc., e unha flora, fauna e folclore característicos. Tiña 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban esas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns ¨pozos¨ ata os tres metros. Un índice da súa importancia excepcional eran os miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. Innumerables foron os intentos de desaugamento e aproveitamento das súas terras para o labradío ata o seu definitivo desecamento polo Instituto Nacional de Colonización a partir do comezo das obras no inverno do ano 1958.

Sandiás. No corazón da Antela

Imaxe
Situación O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense e forma parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte, as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos. O concello está constituído por unha zona montañosa, con altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta localízanse a maior parte das vilas e das explotacións agrícolas máis rendibles e produtivas. O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste. A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 K