Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

#Memoriarural 2014:O último número d´A Torre do Castro” (Ano 2014) recuperou os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931 na revista Nós.

Imaxe
#Memoriarural 2014: “A Torre do Castro” recuperou no seu número do ano 2014 os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931 na revista Nós. O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás “A Torre do Castro”, recuperou os traballos sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista Nós en 1931. Coa intención de homenaxear á xeración da revista Nós, a revista A Torre do Castro recuperou os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e inmaterial do concello de Sandiás e da Limia. Neste último número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veci

O número 3 da revista A Torre do Castro Nº 3 (Ano 2009).

Imaxe
Neste número seguimos dando a coñecer aspectos relacionados coa historia da lagoa de Antela, neste caso por medio dun artigo que nos fala do primeiro proxecto de desecamento da lagoa presentado a mediados no século XVIII pola Academia de Agricultura do Reino de Galicia que foi publicado nunha versión máis extensa na revista Lethes. Así mesmo facemos unha breve biografía dos primeiros emigrantes de Sandiás en América, Alonso de Santan a e frei Xosé Seguín, nuns séculos nos que a emigración galega cara a ese continente era moi puntual. Nos artigos dedicados o noso patrimonio histórico-artístico falamos das igrexas das tres parroquias do noso concello, así como da Pedra Alta, un dos símbolos da Limia. Na recompilación de vellos artigos dedicados ó noso pasado máis cércano, botamos man dun artigo publicado por Vicente Risco no ano 1957 na revista Vida Gallega no que se nos fala da Limia de antes do desecamento da lagoa de Antela. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial segui

O número 2 da revista cultural do Concello de Sandiás lembraba o cincuentenario do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela (1958-2008).

Imaxe
O número 2 da revista cultural A Torre do Castro (Nº 2 - ANo 2008), tiña como tema principal, o cincuentenario do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela (1958-2008). Este segundo número centrause sobre todo na recuperación da memoria histórica da lagoa de Antela. Para iso botabase mán dun artigo publicado en 1958 co gallo do comezo da obras de don Ramón Otero Pedrayo, baixo o título ¨Se quiebra el mágico cristal¨, que ben puido se-lo epitafio da lagoa. Tamén inclue unha serie  de curiosidades sobre a lagoa de Antela, como son a existencia de palafitas, o uso médico das coñecidas samesugas, etc.. Noutro artigo dedicábase a dar a coñecer a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), centro que comezou a funcionar coincidindo co ano no que se cumprían os 50 anos do comezo das obras de desecamento. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial aparecen neste número algunhas das lendas que existen sobre a torre do Castro, un dos símbolos do noso concello

O primeiro número da revista cultural do Concello de Sandiás, A Torre do Castro (Ano 2007)

Imaxe
Atopámonos ante o primeiro número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número centrarémonos nos aniversarios do ano 2007 que teñen relación co patrimonio do noso concello. O primeiro deles son os 400 anos do remate do retablo de santo Estevo de Sandiás (1607-2007), no que traballou un dos máis grandes artistas do século XVII en Galicia: Francisco de Moure. Logo temos o 540 aniversario do derrubamento polos irmandiños da torre do Castro durante a revolta irmandiña de 1467. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man das lendas sobre a lagoa de Antela que foron publicadas en numerosos libros e revistas de divulgación, incluíndo a revista Nós. Co gallo da próxima inauguración da Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) aproveitamos para repasar a cronoloxía dos numerosos intentos de desecamento da lagoa de Antela, así como algunha da b

Recompilación de fotos de obras, inauguracións, etc, así como actuacións de rehabilitación do Concello de Sandiás (Antes e despois) realizadas ata o ano 2015.

Imaxe
Palleira antes da súa rehabilitación no centro de Sandiás  Recompilación de fotos de obras, inauguracións, etc, así como diferentes actuacións de rehabilitación do Concello de Sandiás (Antes e despois) realizadas ata o ano 2015. https://www.flickr.com/photos/limiao/albums/72157650205824969

Os 8 números da revista cultural A Torre do Castro (2007-2014) en PDF

Imaxe
Os 8 números da revista cultural e turística co Concello de Sandiás, A Torre do Castro, (Ano 2007-2014) están en PDF dispoñibles no seguinte ligazón: https://issuu.com/torredocastro/stacks/ac2eb3f4ad124cb58b85a17833d40050

FOTOS DAS ACTIVIDADES DO CONCELLO DE SANDIÁS (CHARLAS, CURSOS, CONTACONTOS, TEATRO, ACTUACIÓNS, EXCURSIÓNS, DEPORTE, ETC.) REALIZADAS ATA O ANO 2015.

Imaxe
Excursión dos alumnos do colexio de Sandiás ás areeiras (Ano 1998). No seguinte ligazón podedes ver as fotos das a ctividades do Concello de Sandiás (Charlas, cursos, contacontos,  teatro, actuacións, excursións, deporte, etc.) realizadas ata o ano 2015.  https://www.flickr.com/photos/limiao/albums/72157648417917623

FOTOS DOS GRUPOS QUE VISITARON A CASA DA LAGOA DE ANTELA ENTRE OS ANOS 2008 E 2015

Imaxe
No seguinte ligazón podedes ver as fotos dalgúns dos grupos que visitaron a Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) entre os anos 2008 e 2015.  https://www.flickr.com/photos/limiao/albums/72157650057671629