Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a pena

Ruta das Torres da Limia - A Torre do Castro (Sandiás)

Imaxe
Paneis explicativos nas tres torres da Limia: O Castro (Sandiás), A Pena (Xinzo de Limia), e Porqueira. Unha das últimas actuacións contempladas no Proxecto  ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.

¨Cousas da Limia"

Imaxe
    Por Vicente Risco ( Vida Gallega , xullo 1957) Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás. Tradución do orixinal en castelán.   O desecamento da lagoa de Antela, vella ilusión dos economistas do século XVIII, recollida despois polo Deán Bedoya e por outros, da actualidade a unha das comarcas máis definidas e máis fermosas de Galicia.   Teño pasado longas tempadas á beira daquela gran chaira, na Pereira, parroquia de San Pedro de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga –Rairiz, Sabariz, nomes xermánicos; predominio de cabeleiras loiras e ollos claros; afección a montar cabalos e eguas longas, de gran alzada: as bestas limiás. No período de entre guerras, aínda levaban os homes os seus chalecos con mangas, tecidos e feitos na casa, encarnados e rebereteados de trenzado negro, e os seus chapeus tecidos por eles en palla centea. Botabamos longas parolas nun comercio deses de todo, ó comezo da noite, polo tempo das mallas – facíanas a máquina, con máquin...