Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cruz Vermella Española

#Memoriarural Ano 1992: Caixa Ourense entregaba unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás (20 de xuño de 1992)

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1992: Caixa Ourense entregaba unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás (Nova do 20 de xuño de 1992). A vella ambulancia Seat 1500 que estivo na inauguración do posto de socorro de Sandiás no ano 1982, foi substituida por una ambulancia Talbot Horizon, posteriormente xa foron ambulancias Citroën, como por exemplo a Citroën GS do ano 1985 doada pola Caixa Rural de Ourense. 

#Memoriarural Ano 1991: Carné de voluntario da presidenta de Asamblea Local da Cruz Vermella de Sandiás: María Concepción Méndez

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1991: Carné de voluntario da presidenta da Asamblea Local da Cruz Vermella de Sandiás, María Concepción Méndez. 

#Memoriarural 1986: Foto dun dos recibos da cuota anual da Cruz Vermella de #Sandiás

Imaxe
  #Memoriarural 1986: Un dos recibos da cuota anual da Cruz Vermella de #Sandiás (Aportación voluntaria sen cuota fixa, valia calquera aportación). Neste caso o recibo estaba a nome de Don Delmiro, o que foi parroco de Sandiás moitos anos.

#Memoriarural 1992: Caixa Ourense entrega unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
#Memoriarural 1992: O presidente de Caixa Ourense, David Ferrer Garrido, entregaba o 19 de xuño de 1992, unha nova ambulancia con destino ó posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás. A chave da unidade móbil foi recibida por Mª Concepción Méndez, delegada da Cruz Vermella desta localidade. Ó acto asistiron por parte da Cruz Vermella Española, Carlos Bragado, presidente da Cruz Vermella, o director de recursos humanos, Reinaldo Sarria, e a secretaria xeral, Sofía García-Iturri; por Caixa Ourense, estiveron o seu vicepresidente, Manuel Bermúdez, o presidente da Comisión de Control, Augusto Mosquera e o seu director xeral, Luis Carrera. 

#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de #Sandiás (Ourense) coa banda da Cruz Vermella e os seus primeiros voluntarios

Imaxe
#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de #Sandiás (Ourense) coa banda da Cruz Vermella e os seus primeiros voluntarios. Ó fondo da fotografía atopamos a primeira ambulancia deste posto de socorro, un Seat 1500 (3 de abril de 1982).

#Memoriarural Ano 1985: Doacións das obras sociais da Caixa Rural e do Banco Pastor para o posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  Ano 1985: A finais do ano1985 a Cruz Vermella de Sandiás sustituia a ambulancia Talbot Orion por un Citroen GS, doado pola Caixa Rural de Ourense. Así mesmo, a obra social desta caixa doaba para as obras do posto de socorro de Sandiás 1.000.000 de ptas, mentres que o Banco Pastor doaba 250.000 ptas.

#Memoriarural Ano 1996: Concedéselle a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española á María Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás

Imaxe
Diploma da medalla de prata da Cruz Vermella Española de María Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás  # Memoriarural  Ano 1996: O mes de marzo de 1996 concedéuselle a Medalla de Prata da Cruz Vermella Española á presidenta e principal impulsora da Asemblea Local e do posto de socorro da Cruz Vermella en Sandiás, María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás  # Ourense ). A medalla de prata impúxoselle tendo en conta as circunstancias que na presidenta da asemblea local de Sandiás concorrían, a súa entrega e os servizos humanitarios prestados a esta institució n. 

#Memoria rural 1982: A Cruz Vermella de Sandiás recaudaba máis de 58.000 ptas para a súa obra

Imaxe
#Memoria rural 1982: En 1982 a Cruz Vermella de Sandiás recaudaba máis de 58.000 ptas para a súa obra. A principios dos anos 80,  os voluntarios  da Asamblea da Cruz vermella de Sandiás recorrían as feiras de Xinzo (14 e 27), as súas festas e festas cercanas (A Saínza),  coas ¨huchas¨ para recaudar ( La Región , 18 de agosto de 1982).

#Memoriarural 1982: o 3 de abril de 1982 inaugurouse o posto permanente da Cruz Vermella de Sandiás, o noveno da provincia de Ourense.

Imaxe
# Memoriarural 1982: o 3 de abril de 1982 inaugurouse o posto permanente da Cruz Vermella de Sandiás, o noveno da provincia de Ourense. A inauguración realizouse coa presenza do gobernador civil da provincia, don Francisco Javier Borrego, o presidente da asemblea provincial da Cruz Vermella, don Alfonso Sánchez Fernández, e o coronel, primeiro xefe da Brigada, don Manuel González. Así como, a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara, un deputado provincial en representación do presidente da Deputación de Ourense, os alcaldes da comarca da Limia, xefes e oficiais da Cruz Vermella de Ourense, membros da asemblea provincial, etc. ( La Región , 4 de abril de 1982)

#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás (Ourense).

Imaxe
#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás (Ourense) (3 de abril de 1982). Na foto, de loito, a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara, corta a cinta.

#Memoriarural 1980: Clausurado o curso de socorrismo no centro da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  1980: Clausurado o curso de socorrismo no centro da Cruz Vermella de Sandiás, coa presencia de D. Manuel González, coronel da Brigada da Cruz Vermella de Ourense. A este curso asistiron un total de 65 persoas. Nova do corresponsal de La Región, Luis Otero (Piñeira de Arcos), do 18 de decembro de 1980.

#Memoriarural 1980: Crease o posto da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  1980: Crease o posto da Cruz Vermella de Sandiás (La Región, 5 de novembro de 1980).