Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta patrimonio

#Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos (#Sandiás #Ourense).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos ( #Sandiás #Ourense ). Ese mesmo ano procedeuse a súa restauración.  

#Memoriarural 1987: Máis imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás

Imaxe
#Memoriarural 1987: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.  

#Memoriarural 2011: A torre de Sandiás ilustra un selo de Correos

Imaxe
A torre do Castro é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense.     O xoves 21 de xullo, as 12,00 horas, no Concello de Sandiás, tivo lugar a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, mais coñecida polos veciños pola torre do Castro, sendo o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. O acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o presidente da Sociedade Filatélica Miño, Jose Barros, entre outros. Esta colección de selos naceu con fin de divulgar o patrimonio cultural das fortalezas ourensáns por todo o territorio nacional, polo que contribuirá a dar a coñece-la torre de Sandiás por toda España. A torre de Sandiás, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro, conserva en bo estado os seus gros...

O entroido en Sandiás

Por Carmen Cuquejo ( www.culturapopulardesandias.com ) ¨ Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨ “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931 O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa fertilidade. O longo dos séculos o Entroido constituíu un...

O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega sobrepasa as 5.000 imaxes

O grupo grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega conta xa con máis de 5.000 imaxes e máis de 550 usuarios que aportan as súas fotos . As fotografías achegadas polos 550 usuarios que xa se adheriron ó portal de internet fan un repaso ás nosas construcións máis tradicionais ( airas, alpendres, alvarizas, batáns, lavadoiros, muíños, cruceiros, etc.) ó tempo que ofrecen un amplo arquivo fotográfico con imaxes dos puntos máis dispersos da nosa xeografía. A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas que o desexen. Ademais do interese de poñer en valor o patrimonio tradicional do país, tamén denuncia o abandono e despoboamento do noso rural (mais tamén fai aportacións positivas como é difundir con bos exemplos do que deben de ser, por exemplo, as rehabilitacións de casas, hórreos, airas, etc.). O ligazón é: http://www.flickr.com/groups/arquitecturatradicionalgalega/

As lendas da lagoa de Antela

Imaxe
                                                               Foto: Excalibur (@galipedia) ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1)  “E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.  “ Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon...

A torre do Castro ou a torre de Sandiás

Imaxe
A torre do Castro, construída no século XII, é un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a Revolta Irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes das vilas e aldeas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en irmandades leais ó rei comandadas por fidalgos (Diego de Lemos, Pedro de Osorio, etc..) , uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derrubar a maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e que obrigará a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira das fortalezas derrubadas vai ser o Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas do seu derrocamento o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou, venceu ós irmandiños, e fixolles reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos ...

Os máis de 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2010)

Imaxe
O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais. O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor. Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interes...

Visitas ás areeiras recuperadas (os humedais de Sandiás)

Imaxe
Desde o punto de vista medio ambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visita-las Areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente para a flora e a fauna situadas a 5 Km da Casa da Lagoa. Nestes humedais podense observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona. É importante destacar que parte dos elementos do antigo ecosistema húmido manteñense na actualidade na mesma chaira que ocupou a lagoa de Antela, que constitúe unha área vital de invernada para moitas especies raras e ameazadas que atopan nas areeiras da Limia un lugar como refuxio, nidificación e alimento. Unha causa disto foi a explotación de áridos no concello de Sandiás que creou moitas pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación xurdiu por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, actualmente Consellería de Medio Ambiente, o establecemento dun proxecto de restauración para as graveiras abandonadas. O ...

Actividades extraescolares na Casa da Lagoa de Antela

Imaxe
A Casa da Lagoa é un centro de interpretación que se abriu a mediados do ano 2008 nunha antiga casa labrega no centro da vila de Sandiás (A Limia - Ourense) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación nos anos 60, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e do patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os alumnos e visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con is...

Biblioteca de publicacións en PDF relacionadas co concello de Sandiás

Imaxe
Issuu é unha biblioteca comunitaria onde os usuarios envian os seus PDF. Nesta biblioteca virtual aparecen publicacións relacionadas co concello de Sandiás e coa Lagoa de Antela, como poden ser artigos sobre o primeiro proxecto de desecamento da lagoa de Antela no século XVIII, carteis da xornada sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela , artigos sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela, postal da torre do Castro, artigos sobre a torre do Castro, etc. Todo isto podese ver en: http://issuu.com/torredocastro

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

Imaxe
“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arr...

O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera as 4.000 imaxes

Imaxe
Capela do San Mateo en Vilariño das Poldras Igrexa, reitoral e cruceiro de Santo Estevo de Sandiás O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera xa os 500 membros e xa atesoura mais de 4.000 imaxes. Unha das principais motivacións deste arquivo fotográfico é que sirva para difundir e por en valor a nosa arquitectura máis tradicional, moita dela ameazada e vitima do abandono pola despoboación do noso rural. Calquera pode contribuir o grupo subindo fotos do patrimonio arquitectónico tradicional galego (principalmente ARQUITECTURA SEN ARQUITECTOS) (Airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras/palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes (só pontellas, pasadoiros, ...), pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, etc), e petos de ánimas e cruceiros. http://www.flickr.com/...