Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Adolfo Súarez

#Memoriarural 1980: Tarxeta de compromisario de Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás, no II Congreso Nacional da Unión de Centro Democrático (UCD), que tivo lugar durante os días 6, 7 e 8 de febreiro de 1980 en Palma de Mallorca.

Imaxe
#Memoriarural 1980: Tarxeta de compromisario de Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa de Sandiás, no II Congreso Nacional da Unión de Centro Democrático (UCD), que tivo lugar durante os días 6, 7 e 8 de febreiro de 1980 en Palma de Mallorca. Neste congreso presentou a súa dimisión como presidente da UCD, Adolfo Súarez, durante o discurso pronunciado ante os 1.800 compromisarios de toda España.  

#Memoriarural 1979: Publicidade da UCD de Ourense nas primeiras eleccións democráticas do 3 de abril de 1979

Imaxe
#Memoriarural 1979: o 3 de abril de 1979 celebráronse en España as primeiras eleccións municipais democráticas desde o ano 1931. Nas fotos, vemos o folleto das municipais de 1979 usado pola UCD de Ourense. No seu anverso, aparecia a foto do presidente Adolfo Súarez, e no reverso  as razóns para votar á UCD. Conxuntamente con este folleto, axuntabase a papeleta da candidatura da UCD local e unha postal cunha foto representativa do concello. No caso do concello de Sandiás a imaxe escollida foi a igrexa de Santo Estevo.