Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2011

Sae o número 5 da revista cultural e turística do concello de Sandiás (A Torre do Castro)

Chegamos ó quinto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre d