Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta vilariño das poldras

#Memoriarural 1995: Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de #Sandiás para que os 3 #miliarios de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da #VíaNova

Imaxe
#memoriarural  1995: En xullo de 1995, Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de  #Sandiás   para que os 3  #miliarios  de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da  #VíaNova .

A Vía Nova ou Vía XVIII: a calzada do ouro

Imaxe
Mapa da distribución das explotacións auríferas do Noroeste en relación ás vías romanas. En amarelo, a Vía Nova ou Vía XVIII (Mapa do CSIC) A Vía Nova ou Vïa XVIIII atravesaba en diagonal, do sudoeste ó noreste, a actual provincia de Ourense, cun total dunhas 210 millas romanas (uns 330 km). A principal característica da Vía Nova ou Vía XVIII, calzada de Bracara a Asturica, é a súa relación coas numerosas minas de ouro. Por exemplo: As Médulas (León), Os Milagres de Monte Medo (Baños de Molgas - Maceda), Os Biocos (San Xoán de Río), as dúas últimas en Ourense. Para saber máis, visita a web do CSIC: http://www.csic.es/web/guest/humanidades-y-ciencias-sociales;jsessionid=5546E28D616822FF3D9C325D45CDAFD1?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-3&p_p_col_pos=2&p_p_col_count=3&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&...

#Memoriarural 1995: atópanse os tres miliarios de Vilariño das Poldras

Imaxe
Os tres miliarios de Vilariño das Poldras no espazo habilitado polo Concello de Sandiás No ano 1995 atopáronse en Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense) 3 miliarios soterrados ó carón da traza da Vía Nova ou Vïa XVIII (Calzada de Bracara a Asturica). Un deles, un dos de maior tamaño da Vía Nova, dedicado ó emperador Máximino e o seu fillo Máximo (Milla LXVII). Nese mesmo ano o Concello de Sandiás conqueriu que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo para ser contemplados polos veciños e por tódolos visitantes.

II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA. RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS)

Imaxe
I I ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS) 13 E 14 DE SETEMBRO DE 2014 DÍA 13, SÁBADO: BAÑOS DE RIO CALDO - PORTOQUINTELA (18 KM). DÍA 14, DOMINGO: PORTOQUINTELA - SANDIÁS (28 KM) PRAZO INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2014 MÁIS INFORMACIÓN:  http://fundacionaqvianova.com/noticias/noticias.php?action=fullnews&id=54 CORREO ELECTRÓNICO: antonio.rodriguez.colmenero@usc.es TELÉFONO: 690 86 62 38 /616 84 19 43