Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

Preto de 500 visitantes coñeceron a historia da lagoa de Antela no que vai de ano

Noutro orde de cousas apuntar que a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) leva desde principios de ano recibidos un total de preto 500 visitantes. A maioría dos mesmos foron escolas (CEIP de Hio (Cangas (Pontevedra), CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), ...), institutos (IES de Melide (A Coruña),IES de Cangas (Pontevedra), .... ) e alumnos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) (Educación medio ambiental).

Sae o número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro

Atopámonos ante o cuarto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número contamos cun artigo do escritor Vicente Risco publicado no desaparecido xornal La Zarpa en 1921 no que se nos describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do historiador Xesús Taboada Chivite relacionado co castelo, que foi publicado en 1970 no xornal La Región. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás da nosa colaboradora Carmen Cuquejo. Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha mostra de vellas fotografías que xa forman parte da galería