Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

Saiu o número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás: A Torre do Castro

Como tódolos meses de setembro nos últimos sete anos, saiu un novo  número, o  7,  da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , que leva por titulo  A Torre do Castro,  símbolo por excelencia do noso concello e un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. Con esta publicación tentamos acercar ós visitantes e veciños á nosa historia e o noso patrimonio cultural, dándoo a coñecer primeiro entre nós mesmos e logo a todos aqueles que nos visiten. Esperamos e desexamos que coa publicación deste novo número se contribúa a potenciar e valorizar o patrimonio cultural e natural dun pequeno concello da Galicia interior. Neste novo número,  contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista  Vida Gallega . No primeiro deles, Jaime Solá, o fundador da revista,  fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático polifacético, Heliodoro Gallego, e membro da