Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta pataca

#Memoriarural Ano 1998: Concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1998: Foto realizada nuns momentos previos á concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar. Detrás del aparecen varias das compoñentes da Rondalla do Concello de Sandiás nese ano.

Perfil socioeconómico do concello de Sandiás

Extraida da web: www.culturapopulardesandias.com Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.466 habitantes (INE, Padrón municipal de habitantes ano 2009) distribuída en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia (Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras), Piñeira de Arcos (Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela, A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós) e Sandiás (Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro). É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes, chans, dedicadas a cultivos agrícolas. Proba da súa orientación cara a cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó c...