Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta via nova

#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás (#Ourense) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX

Imaxe
#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás ( #Ourense ) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX, ó pe daVía Nova ou Vía XVIII. 

#Memoriarural 1997: Comeza a recuperación do miliario de Zadagós logo da cesión ó Concello de Sandiás polos seus propietarios

Imaxe
  #Memoriarural 1997: Comeza a recuperación do miliario de Zadagós logo da cesión ó Concello de Sandiás polos seus propietarios

#Memoriarural 2014: II Andaina pola Vía Romana RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS).

Imaxe
# Memoriarural  2014: II Andaina pola Vía Nova romana Río Caldo  (AQUIS OGERESIBUS) - Sandiás (GEMINAS). A foto é diante da portada de Santo Estevo de Sandiás (Século XVI), logo da visita  guiada á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e da posterior visita guiada á esta igrexa realizada polo cura de Sandiás, Don Manuel. Na foto, podemos apreciar á alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o profesor de Historia Antiga da USC,  D. Antonio Colmenero (14 de setembro de 2014).

#Memoriarural 1995: Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de #Sandiás para que os 3 #miliarios de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da #VíaNova

Imaxe
#memoriarural  1995: En xullo de 1995, Cultura escoitou as peticións dos veciños e da alcaldesa de  #Sandiás   para que os 3  #miliarios  de Vilariño das Poldras, atopados nese mesmo ano, quedasen onde se atoparon, é dicir, a poucos metros da  #VíaNova .

#Memoriarural 1995: atópanse os tres miliarios de Vilariño das Poldras

Imaxe
Os tres miliarios de Vilariño das Poldras no espazo habilitado polo Concello de Sandiás No ano 1995 atopáronse en Vilariño das Poldras (Sandiás - Ourense) 3 miliarios soterrados ó carón da traza da Vía Nova ou Vïa XVIII (Calzada de Bracara a Asturica). Un deles, un dos de maior tamaño da Vía Nova, dedicado ó emperador Máximino e o seu fillo Máximo (Milla LXVII). Nese mesmo ano o Concello de Sandiás conqueriu que non foran trasladados ó Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, habilitando un espazo para ser contemplados polos veciños e por tódolos visitantes.

O antes e o despois do miliario de Zadagós

Imaxe
O miliario de Zadagós (Sandiás) da calzada romana Vía XVIII ou #VíaNova que ía de #BracaraAugusta (Braga) á #AsturicaAugusta (Astorga).  O miliario de Zadagós antes da súa rehabilitación e posterior colocación no seu sitio orixinal  O miliario de Zadagós, que marca a Milla LXXI,dedícouselle ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e dunha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos 90, conseguiu do seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.  O miliario de Zadagós despois da súa rehabilitación e a colocación no seu sitio orixinal