Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta santo estevo

#Memoriarural 1520-2020: Hoxe celebramos o patrón de Sandiás, Santo Estevo, contando coa presencia do bispo de Ourense, Monseñor Lemos, dando desta maneira comezo ós actos dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás.

Imaxe
#Memoriarural 1520-2020: Hoxe celebramos o patrón de Sandiás , Santo Estevo , contando coa presencia do bispo de Ourense , Monseñor Lemos, dando desta maneira comezo ós actos dos 500 anos da igrexa de Santo Estevo de Sandiás .

Historia de Sandiás (Do S. XVI ó XVIII)

Extraido da web: http://www.culturapopulardesandias.com/ Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia. • 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas. • 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás. • 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina. “E en inverno, unha legua arredor deste mosteiro (Bon Xesús de Trandeiras) é todo unha lagoa de auga, porque como a terra é tan chan recolle en sí tódalas augas sen poder sair tan presto. E nalgunhas partes prantaronse moitas árbores postos polos camiños moi ó compas para guiar os camiñantes, porque doutra maneira perecerían moitos”. “Sandiás, preto de A...

Ultima acta relacionada co desaugamento da lagoa de Antela en 1766

Acta 51ª celebrada el día 21 de diciembre de 1766. ¨Se conferencio sobre del desagüe de la Limia, a cuyo efecto manifesto el Sr. Presidente un plano que ha hecho sacar de aquellos parajes por el Ingeniero D. Feliciano Míguez mui individual, y extensivo, con un tanto del coste que tendría, formar un canal que facilitara el desagüe de la Limia baja, y tratado con toda proligidad, se ha dejado para otra ocasión el tomar una resolución¨.

Acta 18ª da Academia de Agricultura do Reino de Galicia (Asunto: desaugamento da lagoa de Antela)

Acta 18ª celebrada el día 26 de mayo de 1765. ¨Tambien se leyo una carta de D. Antonio de Quintas natural de la feligresia de Sandianes en tierra de Limia dirigida al Sr. Presidente incluiendo un mapa de este pays, y proponiendo el modo de desaguarlo, y se acordó reservarla con los mas papeles que tratan este asunto¨.

Os máis de 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2010)

Imaxe
O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais. O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor. Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interes...