Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta couso

Historia de Sandiás (Do 80 d.C. ó ano 585)

• 80 d.C. – Vía XVIII ou Vía Nova de Bracara a Asturica. Calzada romana construída por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino. A Limia é encrucillada e zona de paso dunha das principiais calzadas do Imperio Romano, polo que foi un territorio plenamente romanizado. -Ligazón ó interesante traballo sobre ¨A Vía Nova na Limia¨ realizado por Segundo Alvarado e que aparece no excelente Portal de Enxeñeria Romana TRAIANVS: http://traianus.rediris.es/18limia/ • 117-138 d.C. - Época de Adriano. Posible realización das obras de canalización das augas da lagoa de Antela a través dunha canle principal, e dunha tupida rede de pequenas canalizacións ou ramais secundarios de rega. • Comezos do século III – Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.Nesta vía, o seu paso ...

Historia de Sandiás (Web de cultura popular do concello de Sandiás)

http://www.culturapopulardesandias.com/ Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita). Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania. Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariñ...