Historia de Sandiás (Do 80 d.C. ó ano 585)

• 80 d.C. – Vía XVIII ou Vía Nova de Bracara a Asturica. Calzada romana construída por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino. A Limia é encrucillada e zona de paso dunha das principiais calzadas do Imperio Romano, polo que foi un territorio plenamente romanizado.
-Ligazón ó interesante traballo sobre ¨A Vía Nova na Limia¨ realizado por Segundo Alvarado e que aparece no excelente Portal de Enxeñeria Romana TRAIANVS:
http://traianus.rediris.es/18limia/
• 117-138 d.C. - Época de Adriano. Posible realización das obras de canalización das augas da lagoa de Antela a través dunha canle principal, e dunha tupida rede de pequenas canalizacións ou ramais secundarios de rega.
• Comezos do século III – Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.Nesta vía, o seu paso por Sandiás, aparecen os seguintes miliarios:
• 238 d.C. – Miliarios de Zadagós (Milla LXXI) e Vilariño das Poldras (Milla LXVII) dedicados ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.).
• 253 d.C. – Miliario das Santas – Couso de Limia – Milla LXVIII. Dedicado a Treboniano e Volusiano (251-253 D.C.). Coñecido como ¨O marco das Santas¨.
• 293-311 d.C. – Miliario da Corga – A Corga – Milla LXX. Dedicado a Galerio (293-311 d.C.).
• 378-469 – Descrición das invasións bárbaras no Cronicón do bispo Idacio (388-470)
• 411-585 - Reino suevo e posterior integración no reino visigodo (585-711) – Da súa presencia quedan lembranzas na toponimia como no caso de Sandiás que ven dun nome de persoa xermánico Sánd-ila (hipocorístico do antropónimo Sando/Sandus que significa “verdadeiro”).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"

#Memoriarural 1988: O 6 de febreiro de 1988, Centristas de Galicia aclamaba como líder único, o seu fundador, Victorino Núñez, no seu primeiro congreso constituinte no Monte Medo (Baños de Molgas)