Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concello de Sandiás

#Memoriarural Principios dos anos 2000: Foto do Grupo de Danza do Concello de Sandiás na Romería Raigame de Vilanova dos Infantes.

Imaxe
    #Memoriarural  Principios dos anos 2000: Foto do Grupo de Danza do Concello de Sandiás na Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes (Celanova). 

#Memoriarural Ano 1988: Actividades deportivas na pista polideportiva do campo de san Nicolás de Sandiás.

Imaxe
#Memoriarural Ano 1988: Actividades deportivas na pista polideportiva do campo de san Nicolás de Sandiás. Ese mesmo ano houbo un curso de baloncesto cun monitor da Federación Provincial de Baloncesto.

#Memoriarural Ano 2003: Membros de #ProtecciónCivil do Concello de #Sandiás na romaría do San Bieito da Uceira (Ano 2003).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2003: Membros de #ProtecciónCivil do Concello de #Sandiás na romaría do San Bieito da Uceira (Ano 2003).

#Memoriarural Ano 2011: Visita do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e as areeiras de Sandiás (Ourense))

Imaxe
  #Memoriarural Ano  2011: Visita do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e as areeiras de Sandiás (Ourense) (Foto do 20 de Decembro de 2011).

#Memoriarural 2011: O xoves 21 de xullo de 2011 tivo lugar, no Concello de Sandiás, a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2011: O xoves 21 de xullo de 2011 tivo lugar, no Concello de Sandiás, a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, máis coñecida polos veciños do concello de Sandiás pola torre do Castro, e é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. Á esquerda da foto podemos ver o presidente da Sociedade Filatelica Miño, José Barros, e a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez na presentación do selo de Correos.

#Memoriarural 1945-2025: 80 aniversario da fábrica de Gasosas Berardo Méndez de Sandiás (1945-2025)

Imaxe
   Cartel de ¨ Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos/as. Acto público do 80 aniversario da fundación de Gasosas Berardo Méndez (Sandiás)¨ celebrado no Museo da Limia o 5 de xullo de 2025. As primeiras bebidas carbonatadas aparecen no 1832, pero a industria dos sifóns e gasosas arranca a principios do século XX cando se comeza a embotellar. Na súa elaboración hai que disolver na auga dióxido de carbono, o responsable das burbullas. Para iso usábanse máquinas saturadoras , que cun compresor conseguían saturar a auga de gas carbónico. A gasosa foi un éxito total desde o seu inicio, poucas bebidas foron tan populares como ela, nun mundo no que como a nosa comarca, pouco máis había para beber que auga e viño. Tamén contribuíu o seu éxito que era un produto barato e, por riba, maridaba ben cuns viños de alta gradación, como por exemplo os de Monterrei, e dunha calidade que no seu momento deixaba moito que desexar. Así mesmo, a pouca calidade das augas naquel tempo fixo que a...

#Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"

Imaxe
    #Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"  

#Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos (#Sandiás #Ourense).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos ( #Sandiás #Ourense ). Ese mesmo ano procedeuse a súa restauración.  

#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás (#Ourense) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX

Imaxe
#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás ( #Ourense ) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX, ó pe daVía Nova ou Vía XVIII. 

#Memoriarural Ano 1983: Carné de Socio de Honra do C.D. #Sandiás da tempada 1983-84, a nome de Dona Irene Rodríguez Durán, a que foi mestra de Sandiás durante moitos anos

Imaxe
    #Memoriarural  Ano 1983: Carné de Socio de Honra do C.D. #Sandiás da tempada 1983-84, a nome de Dona Irene Rodríguez Durán, a que foi mestra de Sandiás durante moitos anos.

#Memoriarural 2004: Construción da beirarrúa e dun novo muro na rúa da Igrexa en Sandiás

Imaxe
    #Memoriarural 2004: Construción da beirarrúa e dun novo muro na rúa da Igrexa en Sandiás (Agosto 2004).

#Memoriarural 2006: Posta en marcha do Punto de Atención Infantil (P.A.I.) do Concello de Sandiás

Imaxe
  #Memoriarural 2006: No primeiro trimestre do ano 2006 puxose en marcha o Punto de Atención Infantil (P.A.I.) do Concello de Sandiás. As súas instalacións están ubicadas nas dependencias do colexio de Sandiás (CEIP).(Foto realizada a mediados do mes de  maio de 2006).

#Memoriarural (Ano 1995? ou 1996?): Visita ós nenos do concello de Sandiás do Papa Noel

Imaxe
  #Memoriarural Casa do Concello de Sandiás (Ano 1995? ou 1996?): Visita ós nenos do concello de Sandiás do Papa Noel.

#Memoriarural 1987: Máis imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás (#Ourense)

Imaxe
  #Memoriarural 1987: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.  

#Memoriarural ano 2003: Entrevista a Don Manuel, cura de #Sandiás (D.E.P.): " Na Uceira tódolos signos falan de Deus"

Imaxe
  #Memoriarural ano 2003: Entrevista a Don Manuel, cura de #Sandiás (D.E.P.): " Na Uceira tódolos signos falan de Deus" ( Xornal @LaRegion , 20 de abril de 2003).  

#Memoriarural anos 80: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás (#ALimia #Ourense) dos anos 80.

Imaxe
#Memoriarural anos 80: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.

#Memoriarural 2005: Segunda parte do video das actuacións de fin de curso do ano 2005 do Colexio de #Sandiás (1/6/2005).

Imaxe
#Memoriarural 2005: Segunda parte do video das actuacións de fin de curso do ano 2005 do Colexio de #Sandiás (1/6/2005). Nesta segunda parte do video podemos ver, primeiro a actuación do Coro do Concello de Sandiás e despois a representación da obra de #Castelao ¨Os vellos non deben namorarse¨ polo  Grupo de Teatro do Concello de Sandiás ( #ALimia #Ourense ).   Podedes velo no seguinte ligazón:    

#Memoriarural 2006: Carné de membro do Consello Escolar de Galicia de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás)

Imaxe
#Memoriarural 2006: Carné de membro do Consello Escolar de Galicia de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás). Elixida en representación da Administración Local, proposta pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), ata o seu cesamento no ano 2009.

#Memoriarural 1964: Antiga placa de matricula de bicicleta do Concello de #Sandiás do ano 1964

Imaxe
#Memoriarural 1964: Antiga placa de matricula de bicicleta do Concello de #Sandiás do ano 1964.      

#Memoriarural 2005: Primeiro video das actuacións de fin de curso do colexio de Sandiás do ano 2005

Imaxe
#Memoriarural 2005: Primeira parte do video das actuacións de fin de curso do ano 2005 do colexio de #Sandiás (1/6/2005). Nesta primeira parte podemos ver a actuación do Grupo de Teatro do Concello de Sandiás ( #ALimia #Ourense ), representando a obra ¨Ai, mamasiña, que medo!¨. Podedes velo no seguinte ligazón: