Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”

#Memoriarural 2014:O último número d´A Torre do Castro” (Ano 2014) recuperou os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931 na revista Nós.

Imaxe
#Memoriarural 2014: “A Torre do Castro” recuperou no seu número do ano 2014 os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931 na revista Nós. O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás “A Torre do Castro”, recuperou os traballos sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista Nós en 1931. Coa intención de homenaxear á xeración da revista Nós, a revista A Torre do Castro recuperou os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e inmaterial do concello de Sandiás e da Limia. Neste último número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veci...

O número 2 da revista cultural do Concello de Sandiás lembraba o cincuentenario do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela (1958-2008).

Imaxe
O número 2 da revista cultural A Torre do Castro (Nº 2 - ANo 2008), tiña como tema principal, o cincuentenario do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela (1958-2008). Este segundo número centrause sobre todo na recuperación da memoria histórica da lagoa de Antela. Para iso botabase mán dun artigo publicado en 1958 co gallo do comezo da obras de don Ramón Otero Pedrayo, baixo o título ¨Se quiebra el mágico cristal¨, que ben puido se-lo epitafio da lagoa. Tamén inclue unha serie  de curiosidades sobre a lagoa de Antela, como son a existencia de palafitas, o uso médico das coñecidas samesugas, etc.. Noutro artigo dedicábase a dar a coñecer a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela), centro que comezou a funcionar coincidindo co ano no que se cumprían os 50 anos do comezo das obras de desecamento. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial aparecen neste número algunhas das lendas que existen sobre a torre do Castro, un dos símbolos do noso...

O primeiro número da revista cultural do Concello de Sandiás, A Torre do Castro (Ano 2007)

Imaxe
Atopámonos ante o primeiro número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número centrarémonos nos aniversarios do ano 2007 que teñen relación co patrimonio do noso concello. O primeiro deles son os 400 anos do remate do retablo de santo Estevo de Sandiás (1607-2007), no que traballou un dos máis grandes artistas do século XVII en Galicia: Francisco de Moure. Logo temos o 540 aniversario do derrubamento polos irmandiños da torre do Castro durante a revolta irmandiña de 1467. No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man das lendas sobre a lagoa de Antela que foron publicadas en numerosos libros e revistas de divulgación, incluíndo a revista Nós. Co gallo da próxima inauguración da Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) aproveitamos para repasar a cronoloxía dos numerosos intentos de desecamento da lagoa de Antela, así como algunha da b...

Os 8 números da revista cultural A Torre do Castro (2007-2014) en PDF

Imaxe
Os 8 números da revista cultural e turística co Concello de Sandiás, A Torre do Castro, (Ano 2007-2014) están en PDF dispoñibles no seguinte ligazón: https://issuu.com/torredocastro/stacks/ac2eb3f4ad124cb58b85a17833d40050

A colleita etnógrafica de Urbano Santana (¨No fondo dos espellos¨. X.L. Méndez Ferrín)

Imaxe
O escritor X .L. Méndez Ferrín publicou o sabado na súa sección "No fondo dos espellos"  do suplemento "El Sábado" de Faro de Vigo (23/08/2014) a súa opinión sobre o número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro, no que aparece a colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931 co seu ¨Resume xeral do folklore de Sandiás¨. Podede-la ver eiqui. ¨Moitas grazas polo envío da revista. Ela, na súa totalidade, resulta sumamente interesante, tanto polos seus contidos, coma polo que se chamaba ¨presentación¨ e agora ¨deseño¨. Ten razón o seu director, Xavier Feixóo, en  concederlle moita importancia á recolleita etnográfica que fixera un mozo de Sandiás, e que foi publicada na revista Nós de Ourense na súa sección ¨Arquivo filolóxico e etnográfico da Galiza¨ en 1931. Pena que en cada unha das freguesías de Galicia non houbese un Urbano Santana, mozo e galeguista, que ordenase de recoller o corpus...

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(1) ¨A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai ...

¨DO NOSO SEÑOR E SAN PEDRO¨

¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´…, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro¨… “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨DO DEMO¨

¨D´o demo contán que, vindo unha noite da tuna unhos catorce ou quince mozos, aparecéuselles en forma de besta, que a colleron e empezaron a porse d´acabalo, e cantos máis se puñan, máis ib´alargando para se puxeran máis, hasta que se puxeron todos,; era pr´atravesar un río, pero cando iban no medio o qu´iba diante, revolveuse e dixo: ¡Ay, Jesús, que trandeira¡, y´entonces a besta (demo) desapareceu e quedaron todos no río….¨ Urbano Santana ¨Resume Xeneral de Folk-lore de Sandiás¨ Revista Nós , 1931

¨O SAN BIEITO DA UCEIRA¨

¨O San Benito (abogado de coxos e outros padecementos físecos), ten unha capilla no monte, que leva o nome do Santo. Ten ofrecementos de pernas, corpos, caras…, según os membros doentes do que ofrece, de cera, que os ten colgados na capilla. O día da festa, e durant´e o ano, hay ofrecementos d´andarll´as novenas de pé ou de rodillas; outros arrumben o monte descalzos, porque lles fag´algún favor ou xa llo ten feito… Tamén é festa de merendas, ou mellor dito, xantares… Fanlle dúas festas ó ano, chamadas ¨San Benito de Marzo¨ e ¨San Benito de Seitura¨, acaso porque cadra nistes meses. É o Santo máis milagreiro que temos na parróquea. N´algún tempo trouxérono para igrexa en procesión, pero escapábase de noite pro monte; por eso tuveron que faguerlla capilla…(O mesmo sole contarse de todol´os Santos que hay retirados do pobo; hay quen dí qu´era cura que o mandaba levar…). ¨D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por...