Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta antioquia

¨ANTIOQUIA¨

“No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquía. Era a meirande que se conecia e a mais rica. Pro a sua riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén. Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquía na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre uns carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou: -Unha esmola pol-o amor de Deus. -Pase quen sexa, dixo a velliña. E Xesús pasou. E a velliña sentouno ó lume, e muxiu unha cabra que tiña e déulle unha ...

¨ANTIOQUIA¨(2)

“Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”. ¨ Resume xeneral de folk-lore de Sandiás¨ Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨ANTIOQUIA¨(1)

“Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”. O río Limia e os seus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Traducción ó galego de Xavier F. M.

El castillo de Sandiás

Imaxe
  Por X.T. Chivite ( La Región , 5/04/1970) Triste estampa ofrece la fotografía de Sancho de este castillo de Sandiás que guarda el recuerdo de ¨cen historias que xa pasaron¨, como cantó Lamas. Erguido sobre el alcor, domina la ancha tierra de la Limia, donde duerme soterrada la fabulosa Antioquía; y plana por la que discurre, cantando la historia, el río del Olvido que un día cruzó triunfante Bruto el Galaico. La torre, desmochada en su cara Oeste, domina los caseríos de Santa Ana, Pegas y Castro, topónimo éste que recuerda la vieja acrópolis sobre la que se asentó el castillo. Sus fuertes muros de más de tres metros y medio de espesor, son nostálgico testimonio del mundo medieval y nos traen la añoranza de don Fernando Alonso de Santana, Señor de Sandiás. Aquí luchó bravamente contra el Duque de Lancaster, quien tomó la fortaleza y destruyó parte del castillo.

Antioquia (Revista Nós, 1931)

¨Antioquia¨ (2) “ Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquia) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós (xuño-setembro, 1931)

A lenda de Antioquia (El río Limia y sus contornos (1879))

¨Antioquia¨ (1) “Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”. El río Limia y sus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Tradución do orixinal en castelán

As lendas da lagoa de Antela

Imaxe
                                                               Foto: Excalibur (@galipedia) ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1)  “E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.  “ Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon...

¨Antioquia¨

Imaxe
  “Contos populares da Terra: Antioquia” - Laureano Prieto (La Región , 03/09/1958).   "No lugar que oxe ocupa a lagoa de Antela houbo, n-outros tempos unha cidade chamada Antioquia. Era a meirande que se conecia e a máis rica. Pro a súa riqueza e o seu grandor foron a sua perda. Trocouse soberbia. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén.   Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar ós xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquia na figura dun esmolante e tentou a caridade dos antioquiaus. Percorreu a cidade enteira da primeira á últema casa pedindo esmola, e non achóu a ninguén que xiquera lle dixese: ¨Deus te axude¨. Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado, entre unhos carballos viu unha casarella ca porta suchouza e unha velliña, mui velliña, agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba qu-aquecía. Xesús arrimouse e pregou:   -Unha esmola pol-o amor de Deus. -Pase quen sexa, dixo a...