Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2014

A colleita etnógrafica de Urbano Santana (¨No fondo dos espellos¨. X.L. Méndez Ferrín)

Imaxe
O escritor X .L. Méndez Ferrín publicou o sabado na súa sección "No fondo dos espellos"  do suplemento "El Sábado" de Faro de Vigo (23/08/2014) a súa opinión sobre o número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro, no que aparece a colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931 co seu ¨Resume xeral do folklore de Sandiás¨. Podede-la ver eiqui. ¨Moitas grazas polo envío da revista. Ela, na súa totalidade, resulta sumamente interesante, tanto polos seus contidos, coma polo que se chamaba ¨presentación¨ e agora ¨deseño¨. Ten razón o seu director, Xavier Feixóo, en  concederlle moita importancia á recolleita etnográfica que fixera un mozo de Sandiás, e que foi publicada na revista Nós de Ourense na súa sección ¨Arquivo filolóxico e etnográfico da Galiza¨ en 1931. Pena que en cada unha das freguesías de Galicia non houbese un Urbano Santana, mozo e galeguista, que ordenase de recoller o corpus

O home-lobo na Fontela

Imaxe
¨Hay poucos anos, no 1924, iban dous homes pol-a estrada de Castela car´a Xinzo, baixando pol-a costa da Fontela, perto de Piñeira de Arcos, mismo entrando na Limia, e saíulles un lobo ô camiño, eso qu´´ainda era día. En toda aquela terra e ainda n´Ourense falouse moito d´aquelo, porque había tempo que non se lembraba qu´´andiveran os lobos tan bastos pra baixaren â estrada, e mais tan pasaxeira com´a aquela é. Un dos homes levaba unha carabina cargada e ô ver o lobo quixolle disparar, mais o tiro non saleu. O feito interpretouse no senso de qu´o lobo aquí era un que tiña a fada*…¨. Vicente Risco ¨Un caso de Lycantropía (O home-lobo)¨ Discurso lido o día 23 de febreiro do 1929 na súa recepción pública na Real Academia Galega. *Unha fada é unha maldición.

#Memoriarural 2014: Homenaxe do Concello de Sandiás á revista Nós

Imaxe
Cuberta dunha das revistas onde aparece o artigo de Urbano Santana (O número 93). A Cuberta da revista Nós é un dos deseños máis coñecidos de Castelao.    O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro,  recupera os traballos  sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista  Nós  en 1931 .   Coa intención de homenaxear á xeración da revista  Nós ,  a revista  A Torre do Castro  recupera os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc.,  da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e  inmaterial do concello de Sandiás e da Limia.   Neste novo número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana,