Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta tradicións

#Memoriarural 1985: Restaurada a imaxe da Santa Mariña de Piñeira de Arcos

Imaxe
  #Memoriarural 1985: Restaurada a imaxe da Santa Mariña de Piñeira de Arcos (La Región, mes de maio de 1985).

#Memoriarural 1983: ¨Hace un millón de años¨ artigo de Luis Otero Quintas que saiu na páxina dedicada ás festas de Piñeira de Arcos do ano 1983.

Imaxe
  #Memoriarural 1983: ¨Hace un millón de años¨ artigo de Luis Otero Quintas que saiu na páxina dedicada ás festas de Piñeira de Arcos do ano 1983.

#Memoriarural 1987: Máis imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás (#Ourense)

Imaxe
  #Memoriarural 1987: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.  

#Memoriarural anos 80: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás (#ALimia #Ourense) dos anos 80.

Imaxe
#Memoriarural anos 80: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.

Os Exemplos á Virxe na parroquia de Santo Estevo de Sandiás

Os Exemplos na honra da Virxe María era unha tradición na parroquia de Sandiás que se realizaba no último domingo do mes de maio, coincidindo coa celebración da festa das Fillas de María. Nese día, un grupo de cinco ou seis nenas de curta idade recitábanlle uns versos á virxe diante do cruceiro da igrexa. A principal animadora desta celebración era dona Irene Rodríguez Durán, mestra de Sandiás durante moitos anos. Ela era a que facía os versos e preparaba as nenas, como foi o caso de Modesta Blanco, veciña de Sandiás,  para que o aprenderan de memoria. Moitos anos despois aínda se lembra da letra dos Exemplos do ano 1946, tal e como se demostra nos versos que aparecen na parte dabaixo. Miña naiciña, esta noite que pasou se viras o que soñei! que no ceo me atopaba sen saber como cheguei E si viras que alegría o meu corazón me daba ver como os ánxeles todos cousiñas me regalaban, muñequitas que falaban do gusto máis exquisito. E todo o que alí había estab...

¨O Entroido no concello de Sandiás¨

Artigo publicado por Carmen Cuquejo no número 4 da revista A Torre do Castro , Ano 2010. ¨Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨ “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931. O Entroido é unha festa de benvida á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe un culto á terra e a súa f...