Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

FELICITACIÓN DO CONCELLO DE SANDIÁS

Imaxe
O CONCELLO DE SANDIÁS DESÉXALLES UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO 2014.

Saiu o número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás: A Torre do Castro

Como tódolos meses de setembro nos últimos sete anos, saiu un novo  número, o  7,  da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , que leva por titulo  A Torre do Castro,  símbolo por excelencia do noso concello e un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. Con esta publicación tentamos acercar ós visitantes e veciños á nosa historia e o noso patrimonio cultural, dándoo a coñecer primeiro entre nós mesmos e logo a todos aqueles que nos visiten. Esperamos e desexamos que coa publicación deste novo número se contribúa a potenciar e valorizar o patrimonio cultural e natural dun pequeno concello da Galicia interior. Neste novo número,  contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista  Vida Gallega . No primeiro deles, Jaime Solá, o fundador da revista,  fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático polifacético, Heliodoro Gallego, e membro da

Campaña do Concello de Sandiás para fomenta-lo reciclaxe entre os nenos e os veciños

 O Concello de Sandiás aposta polo fomento da educación medioambiental, a través de excursións, charlas e xornadas, considerando de gran importancia ensinarlles os veciños e os mais novos a forma de realizar unha correcta xestión de residuos desde que se deposita no contedor ata que chega o centro de reciclaxe. E por iso que o Concello de Sandiás organizou, en colaboración co Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, dúas charlas informativas sobre reciclaxe o 16 de xaneiro, unha no Centro Social de Piñeira de Arcos e outro máis enfocada os mais novos no colexio de Sandiás. Estas charlas son a continuación das dúas anteriores celebradas durante o mes anterior nos centros sociais de Sandiás e de Couso, así como unha continuación das actividades da campaña de fomento da reciclaxe do Concello de Sandiás iniciada en xuño de 2012 cunha viaxe organizada ó complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña) para que os veciños poderán coñecer de primeira mán o proceso de