Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2019

#Memoriarural 1980: Incorporación da alcaldesa de Petín, Belén Outeiriño (UCD), a sexta das alcaldesas da provincia de Ourense

Imaxe
#Memoriarural 1980: Coa incorporación da alcaldesa de Petín, Belén Outeiriño Rodríguez (UCD), a máis nova de Galicia, sumaban seis as alcaldesas da provincia de Ourense: María Cuquejo Taboada (Cualedro (UCD)), María del Pilar López García (Ramirás (UCD)), María Concepción Méndez Gándara (Sandiás (UCD)), Maria del Carmen Lovelle Alén (Verín (CD - Coalición Democrática)), Elisa Nogueira Méndez (San Cibrao das Viñas (CD - Coalición Democrática)) (La Región, 13 de xaneiro de 1980).

#Memoriarural 2008: Restauración da tribuna da igrexa de Santo Estevo de Sandiás e nova publicación (o número 2) da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, ¨A Torre do Castro¨

Imaxe
# Memoriarural  2008: Restauración da tribuna da igrexa de Santo Estevo de Sandiás e nova publicación (o número 2) da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, ¨A Torre do Castro¨, dedicada en grande parte ós 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008) ( La Región , 26 de novembro de 2008). 

#Memoriarural 1981: A UCD de Ourense elixe os 71 compromisarios para o I Congreso da UCD de Galicia

Imaxe
#Memoriarural 1981: O  día 15 de xuño de 1981,  a UCD de Ourense elixía na súa IV Asamblea provincial, celebrada os días 14 e 15 de xuño de 1981,  ós 71 compromisarios encargados de representar a Ourense no I Congreso da UCD de Galicia. A candidatura gañadora foi a única presentada, encabezada por Pío Cabanillas Gallas e Euloxio Gómez Franqueira. Nesta candidatura saiu elixida como compromisaria a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez. 

#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás (Ourense).

Imaxe
#Memoriarural 1982: Inauguración do posto de socorro da Cruz Vermella de Sandiás (Ourense) (3 de abril de 1982). Na foto, de loito, a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara, corta a cinta.

#Memoriarural 1979: tarxeta publicitaria da UCD de Sandiás das municipais de 1979

Imaxe
#Memoriarural 1979: o 3 de abril de 1979 celebráronse en España as primeiras eleccións municipais democráticas desde o ano 1931. Nas dúas fotos da parte superior, podemos ver a tarxeta publicitaria da candidatura da UCD de Sandiás, gañadora destos comicios. Na que se pode observar na portada unha dos lugares máis emblemáticos do concello de Sandiás, a igrexa de Santo Estevo, co seu cruceiro e a súa reitoral. 

#Memoriarural 1979: Publicidade da UCD de Ourense nas primeiras eleccións democráticas do 3 de abril de 1979

Imaxe
#Memoriarural 1979: o 3 de abril de 1979 celebráronse en España as primeiras eleccións municipais democráticas desde o ano 1931. Nas fotos, vemos o folleto das municipais de 1979 usado pola UCD de Ourense. No seu anverso, aparecia a foto do presidente Adolfo Súarez, e no reverso  as razóns para votar á UCD. Conxuntamente con este folleto, axuntabase a papeleta da candidatura da UCD local e unha postal cunha foto representativa do concello. No caso do concello de Sandiás a imaxe escollida foi a igrexa de Santo Estevo.

#Memoriarural 1979: Victorino Núñez e Vázquez Iglesias, elixidos presidente e secretario da Unión de Centro Democrático (UCD) de Ourense

Imaxe
#Memoriarural 1979: Victorino Núñez e Vázquez Iglesias, elixidos presidente e secretario da Unión de Centro Democrático (UCD) de Ourense.

#Memoriarural 1979: Victorino Núñez elixido presidente da Deputación de Ourense

Imaxe
#Memoriarural 1979: Victorino Núñez (Unión de Centro Democrático (UCD)) era elixido presidente da Deputación de Ourense coa maioría dos votos da corporación.

#Memoriarural 1980: Clausurado o curso de socorrismo no centro da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  1980: Clausurado o curso de socorrismo no centro da Cruz Vermella de Sandiás, coa presencia de D. Manuel González, coronel da Brigada da Cruz Vermella de Ourense. A este curso asistiron un total de 65 persoas. Nova do corresponsal de La Región, Luis Otero (Piñeira de Arcos), do 18 de decembro de 1980.

#Memoriarural 1980: Rematase a rede de saneamento de Sandiás (traída de augas, alcantarillado, pavimentación de rúas).

Imaxe
#Memoriarural 1980: Rematase a rede de saneamento de Sandiás (traída de augas, alcantarillado, pavimentación de rúas). Nova do corresponsal de La Región, Luis Otero (Piñeira de Arcos), do 19 de marzo de 1980.

#Memoriarural 1980: Crease o posto da Cruz Vermella de Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  1980: Crease o posto da Cruz Vermella de Sandiás (La Región, 5 de novembro de 1980).