¨DESCRICIÓN DA LAGOA DE ANTELA NO ANO 1931 POR UN VECIÑO DE SANDIÁS¨
“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo...