¨Na Limia¨

 
Vicente Risco (Foto: @galipedia)
 
Por Vicente Risco.
(La Zarpa, 2/6/1921).
Extraído da antiga web de cultura popular do concello de Sandiás.
-I-
D´Ourense para Xinzo sáles´as cinco da tarde n-un automóvele da liña de Verín, onde van señoritas moi enchapeiradas e descotadas que van para Cabreiroá. Algunhas son as que se´esmourecen con todo pra figurar que lles deu o vento mareiro. Tamén van rapaces con gabardina e Kodak. Saen tres coches, de maneira que sí se non colle n-un, agárdase pol-o outro. Inda qu´o Quintana diga que non hai sitio, non hai que desanimar; ten un pacencia y-agarda, y-o cabo, métes´un en calquer lado.O teósofo Roso de Luna ten un aforismo que sacou da sua esperencia d´acomodal-os moebles d´unha familia regular, nunha d´aquelas grileiras qu´en Madrid chaman casas. O aforismo dí: ¨Todo colle en todo¨. E com´o conto do alifante y-a formiga… Mais para se convencere, hai que vel-os automóvels de Galiza.
- II -
A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda que hastra din qu´hai elí unha lagoa… A min xa me poden vir con contos, inda que sexa do FORUM LIMICORUM.Eu vin ós limiaos, c´unhos grandes chapeus de palla, guiando unhos inmensos carros d´herba que van cantando por unhas estradas dereitas como fusos, antre ringleiras de negrillos. Vin o gando mouro vir á noite do monte, pola ponte das Poldras, y-as ovellas apretuxadas tras d´il. Vin as patacas sementadas nas leiras, y-o centeo segado, e vin-o mallar pol-a raxeira do sol. Vin ós cás sair a ladraren ó camiño – porqu-eu percorrín a Limia n-un coche de cabalos, esa cousa anacróneca que xa non sirve mais que para ir recoller ós viaxeiros n-as estaciós do camiño de ferro e levalos ás fondas - e hastra vin brincar un sapo d´entras rodas, n-unha noite de luar, vindo por unha d´esas estradas dereitas com´as que din qu´atravesaban o lago de Tezcuco en México, e qu´atravesan esta xa hipotética lagoa Antela, que non veredes anque vaidas a Limia; como non traigades no fardel o Coello ou o Fontán…
- III -
En Xinzo as horas camiñan paseniño, paseniño… Á media hora pasa un carro d´herba que chega ós tellados das casas, pasa cantando o cantar da Terra…Na acera andan brincando dous cadeliños. O reló sona o carto…Ven outro carro d´herba, agora son dous; pasan cantando o cantar da Terra… Logo, o reló sonará outro carto, e pasará outro carro d´herba, ou dous, ou mais…
Ó cair o serán podedes dar un longo paseo longo, sen vos cansar; todo é camiño chao… Á volta, as rapazas andarán paseando, a tres y-a catro do ganchete, pol-a carretera… Algunhas levarán os noivos a carón seu. Campan com´as que van no automóvele para Cabreiroá… Esta terra da Limia dá moito, e logo en Xinzo hai moito comercio…Siguen pasando carros d´herba; pasan cantando o cantar da Terra, e na vila de Xinzo, somentes son os carros a cantar o cantar da Terra…
Hai unhas lampariñas eléuticas que non aluman tanto com´os vermes de luz á veira das corredoiras. Son as dez pola nova… Sen presa, hai qu´ir camiñando car´a fonda.Coa barriga farta, vólvese car´o Casino… Diante van cantando tres carros d´herba.
- IV -
Agora, agárdanos un nemigo terribel. Eiqui o qu´é mosquitos, hai o demo d-íles. Teñen múseca: hainos de trompeta, hainos de gaita, hainos de zanfona, hainos de clarinete, hainos de violoncello. Morden coma centellas, comen a un, e as ronchas pican proendo quince dias…Rasca d´eiqui, rasca d´ala, toma un café y-unha copa na acera do Casino. A tertulia é boa de verdá e rompe por riba do refugallo de civilización que despersoaliza tantas outras manifestaciós da vida limián. Mentira parece qu´istes señores tan discretos e falangueiros o teñan nas suas casas todo pintado d ´aluminio, hastra a garamalleira….
Outra volta pol-a carretera, a arteria de Xinzo… Hai qu´ir adispacio. Pódese entrar de conversa n-unha tenda calquera…Pódese botar un parrafeo coas rapazas que tomán o fresco nos balcós… Pódese, mais que nada, falar de políteca; d´iso entenden hastr´os cás, e calquera vos pode dar un curso de caciquismo esprimental.
O fin hai que se deitar. Volta pr´a fonda, sen presa… Siguen pasando carros d´herba. Pasan cantando o cantar da Terra, e na vila de Xinzo somentes son os carros os que cantan o cantar da Terra…
- V -
A materia non está esgotada. Istes non son mais qu´entrautos d´un escrito vello qu´a imprensa debe recoller. Nin Xinzo nin eu somos xa o qu´eramos fai dous anos. A roda da Fortuna non se detén endexamais…

Comentarios

Publicacións populares deste blog

#Memoriarural Ano 1945: Posta en marcha da fábrica de gasosas Berardo Méndez (Sandiás, Ourense)

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

¨Cousas da Limia"