Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta vía nova

A Vía Nova ou Vía XVIII: a calzada do ouro

Imaxe
Mapa da distribución das explotacións auríferas do Noroeste en relación ás vías romanas. En amarelo, a Vía Nova ou Vía XVIII (Mapa do CSIC) A Vía Nova ou Vïa XVIIII atravesaba en diagonal, do sudoeste ó noreste, a actual provincia de Ourense, cun total dunhas 210 millas romanas (uns 330 km). A principal característica da Vía Nova ou Vía XVIII, calzada de Bracara a Asturica, é a súa relación coas numerosas minas de ouro. Por exemplo: As Médulas (León), Os Milagres de Monte Medo (Baños de Molgas - Maceda), Os Biocos (San Xoán de Río), as dúas últimas en Ourense. Para saber máis, visita a web do CSIC: http://www.csic.es/web/guest/humanidades-y-ciencias-sociales;jsessionid=5546E28D616822FF3D9C325D45CDAFD1?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-3&p_p_col_pos=2&p_p_col_count=3&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&...

II ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA. RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS)

Imaxe
I I ANDAINA POLA VÍA NOVA ROMANA RÍO CALDO (AQUIS OGERESIBUS) - SANDIÁS (GEMINAS) 13 E 14 DE SETEMBRO DE 2014 DÍA 13, SÁBADO: BAÑOS DE RIO CALDO - PORTOQUINTELA (18 KM). DÍA 14, DOMINGO: PORTOQUINTELA - SANDIÁS (28 KM) PRAZO INSCRICIÓNS: ATA O DÍA 8 DE SETEMBRO DE 2014 MÁIS INFORMACIÓN:  http://fundacionaqvianova.com/noticias/noticias.php?action=fullnews&id=54 CORREO ELECTRÓNICO: antonio.rodriguez.colmenero@usc.es TELÉFONO: 690 86 62 38 /616 84 19 43

O miliario de Zadagós

Imaxe
Este miliario (Milla LXXI da Vía Nova ou XVIII) dedicouse ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no ano 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás , a finais dos anos 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.

Historia de Sandiás (Web de cultura popular do concello de Sandiás)

http://www.culturapopulardesandias.com/ Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita). Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania. Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariñ...

Os miliarios de Vilariño das Poldras (235-238 d.c.)

Imaxe
Miliarios de Vilariño das Poldras (Milla LXVII) dedicados ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). Século II D.C. - Descrición das vías romanas na Gallaecia polo Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás) como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas cidades máis activas e poboadas da Gallaecia.