Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 1984

#Memoriarural 1984: Os técnicos do IRYDA reunianse cos veciños de Sandiás e Piñeira para a realización da concentración parcelaria

Imaxe
#Memoriarural 1984: Os técnicos do IRYDA reunianse cos veciños de Sandiás e Piñeira para a realización da concentración parcelaria ( La Región , 11 de maio de 1984).

#Memoriarural 1984: A concentración parcelaria comezaba en Sandiás

Imaxe
# Memoriarural  1984: A concentración parcelaria comezaba en Sandiás ( La Región , 3 de abril de 1984).

#Memoriarural 1984: Centristas de Ourense determinan integrarse por unanimidade en Coalición Galega

Imaxe
#Memoriarural 1984: En marzo de 1984, o partido Centristas de Ourense determina integrarse por unanimidade en Coalición Galega.  No congreso extraordinario de Centristas de Ourense en marzo dese ano, acordouse por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega. Na mesa deste congreso, ademais do presidente,  Manuel Ubaldo Atanes Romero,    o secretario xeral, Santos Oujo Bello , aparecían:  Victorino Nuñez Rodríguez,   presidente da Deputación de Ourense,   Senén Bernárdez Álvarez , senador e deputado da Cámara galega,   Aurelio Miras Portugal   , deputado provincial, e Manuel Vázquez Outeiriño (alcalde da Merca) en representación dos alcaldes da provincia ( La Región , 11 de marzo de 1984).

#Memoriarural 1983: Breve artigo sobre o partido Centristas de Ourense (1983-1984)

Imaxe
Foto da tarxeta de compromisario de María Concepción Méndez Gándara (alcaldesa de Sandiás) do congreso extraordinario de Centristas de Ourense, celebrado en marzo de 1984, onde se acordou por unanimidade a integración, por fusión, en Coalición Galega. Nesta ocasión, realicei un breve artigo do partido ó que pertenceu á alcadesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, logo da devacle da UCD nas eleccións xerais de 1982. Este artigo acabo de subilo á Galipedia, onde se pode ver:  https://gl.wikipedia.org/wiki/Centristas_de_Ourense Centristas de Ourense foi un partido activo na provincia de Ourense,   xurdido da desintegración da UCD , despois da desfeita das eleccións xerais de 1982 . Nacido e formado a primeiros de 1983 por antigos membros ourensáns de UCD, é dicir, alcaldes e concelleiros desta provincia. Na súa asemblea constituinte en marzo de 1983 foi elixido como presidente, Manuel Ubaldo Atanes Romero, e como secretario xeral, José Lage Lage , figurando c...

#Memoriarural 1984: Durante o curso 1984-1985 construíronse catro novos centros escolares para a provincia de Ourense en Pereiro de Aguiar, Sandiás, Baltar e Verín

Imaxe
# Memoriarural  1984: Durante o curso 1984-1985 construíronse catro novos centros escolares para a provincia de Ourense en Pereiro de Aguiar, Sandiás, Baltar e Verín (La Región, 18 de agosto de 1984).