Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2011

#Memoriarural 2011: A torre de Sandiás ilustra un selo de Correos

Imaxe
A torre do Castro é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense.     O xoves 21 de xullo, as 12,00 horas, no Concello de Sandiás, tivo lugar a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, mais coñecida polos veciños pola torre do Castro, sendo o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. O acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, e o presidente da Sociedade Filatélica Miño, Jose Barros, entre outros. Esta colección de selos naceu con fin de divulgar o patrimonio cultural das fortalezas ourensáns por todo o territorio nacional, polo que contribuirá a dar a coñece-la torre de Sandiás por toda España. A torre de Sandiás, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro, conserva en bo estado os seus grosos muros