Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fotografías

#Memoriarural 1987: Máis imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás (#Ourense)

Imaxe
  #Memoriarural 1987: Imaxes da romaría do #sanBieito da Uceira en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ), unha romaría de gran predicamento na Limia. As fotos son do ano 1987.  

#Memoriarural 2014: Homenaxe do Concello de Sandiás á revista Nós

Imaxe
Cuberta dunha das revistas onde aparece o artigo de Urbano Santana (O número 93). A Cuberta da revista Nós é un dos deseños máis coñecidos de Castelao.    O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro,  recupera os traballos  sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista  Nós  en 1931 .   Coa intención de homenaxear á xeración da revista  Nós ,  a revista  A Torre do Castro  recupera os traballos de recompilación de tradicións, lendas, contos, etc.,  da parroquia de Sandiás publicados no ano 1931, cumprindo desta maneira cun dos principais obxectivos desta revista, a salvagarda e a promoción do patrimonio material e  inmaterial do concello de Sandiás e da Limia.   Neste novo número recuperouse, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía sobre o concello de Sandiás , que xa atesoura máis ...

Saiu o número 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás: A Torre do Castro

Como tódolos meses de setembro nos últimos sete anos, saiu un novo  número, o  7,  da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , que leva por titulo  A Torre do Castro,  símbolo por excelencia do noso concello e un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. Con esta publicación tentamos acercar ós visitantes e veciños á nosa historia e o noso patrimonio cultural, dándoo a coñecer primeiro entre nós mesmos e logo a todos aqueles que nos visiten. Esperamos e desexamos que coa publicación deste novo número se contribúa a potenciar e valorizar o patrimonio cultural e natural dun pequeno concello da Galicia interior. Neste novo número,  contamos con dous vellos artigos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista  Vida Gallega . No primeiro deles, Jaime Solá, o fundador da revista,  fálanos no ano 1913 dunha maneira bastante escéptica do potencial turístico da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático p...

Galería de imaxes do concello de Sandiás

Galeria de imaxes do concello de Sandiás: http://www.flickr.com/photos/limiao/