Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta historia

El castillo de Sandiás

Imaxe
  Por X.T. Chivite ( La Región , 5/04/1970) Triste estampa ofrece la fotografía de Sancho de este castillo de Sandiás que guarda el recuerdo de ¨cen historias que xa pasaron¨, como cantó Lamas. Erguido sobre el alcor, domina la ancha tierra de la Limia, donde duerme soterrada la fabulosa Antioquía; y plana por la que discurre, cantando la historia, el río del Olvido que un día cruzó triunfante Bruto el Galaico. La torre, desmochada en su cara Oeste, domina los caseríos de Santa Ana, Pegas y Castro, topónimo éste que recuerda la vieja acrópolis sobre la que se asentó el castillo. Sus fuertes muros de más de tres metros y medio de espesor, son nostálgico testimonio del mundo medieval y nos traen la añoranza de don Fernando Alonso de Santana, Señor de Sandiás. Aquí luchó bravamente contra el Duque de Lancaster, quien tomó la fortaleza y destruyó parte del castillo.

Sae o número 5 da revista cultural e turística do concello de Sandiás (A Torre do Castro)

Chegamos ó quinto número da revista cultural do concello de Sandiás, feita coa intención de darse a coñecer e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste número, como xa é habitual, contamos cunha transcrición dun artigo relacionado coa Limia escrito por algúns dos persoeiros máis importantes da nosa cultura, neste caso, un dos galegos máis ilustres: Domingo Fontán. No artigo de Fontán de 1858, extraído do xornal compostelano ¨La Exposición Compostelana¨, o autor do primeiro mapa realizado en Galicia con métodos científicos, mapa dunha exactitude abraiante, escribe sobre un tema moi de actualidade na segunda metade do século XIX, a obsesión polo desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. Noutro apartado de cousas dedicamos un espazo á promoción do Centro Ecuestre de Antela da Deputación de Ourense situado no noso municipio. Repetimos, como no número anterior, un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Segunda Carreira Popular Torre d...

Historia de Sandiás (Século XIX)

• 1804 - Publicación do libro Descripción económica del Reyno de Galicia de Lucas Labrada. Nel fálase dos intentos dos veciños para romper os penedos de Ponte Liñares para mellorar o desaugadoiro da lagoa de Antela, noméanos tamén os cultivos que predominan na Limia: centeo, algún millo, moito pasto e abundancia de gando. • Xaneiro - Febreiro 1809 – Invasión francesa (1808-1812) – O Camiño de Allariz (23 xaneiro 1809) a Xinzo foi un dos máis duros da guerra en Galicia, os invasores tiverón entre 500 e 600 baixas, e os defensores non máis de 400. Combates na ponte da lagoa de Antela. As tropas do Mariscal Soult atravesan A Limia causando grandes represalias polas accións das accións guerrilleiras. • 1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos ca...

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

extraida da web de cultura popular do concello de Sandiás: www.culturapopulardesandias.com “A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d...

Historia de Sandiás (Do S. XVI ó XVIII)

Extraido da web: http://www.culturapopulardesandias.com/ Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia. • 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas. • 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás. • 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina. “E en inverno, unha legua arredor deste mosteiro (Bon Xesús de Trandeiras) é todo unha lagoa de auga, porque como a terra é tan chan recolle en sí tódalas augas sen poder sair tan presto. E nalgunhas partes prantaronse moitas árbores postos polos camiños moi ó compas para guiar os camiñantes, porque doutra maneira perecerían moitos”. “Sandiás, preto de A...

Historia de Sandiás (Do neolítico ó 137 a.C.)

Neolítico - Construcción das mámoas situadas nas Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos), monte de Sta. Mariña (Santa Ana), nas Cavadiñas (Sandiás) , e na Cortiña Nova (A Fontela). • 2400-2100 a.C. – Poboados de palafitos na lagoa de Antela. Conde-Valvís fálanos de 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona. Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio básico de subsistencia. • 2200–2000 a.C. – Pedra alta ou anta -tamén chamada Antela- , pedrafita (menhir) que lle dará nome á lagoa. • Cultura castrexa - Poboados castrexos no monte do Castro (posteriormente construirase aquí o castelo ou a torre do Castro) e no monte Pendón, preto de Piñeira de Arcos, no Montiño, preto de Santa Ana, e na Coroa, preto de Arcos. • 137 a.C. – Décimo Xuño Bruto atravesa o río do Esquecemento (Lethes). Conquista romana.

Historia de Sandiás (Web de cultura popular do concello de Sandiás)

http://www.culturapopulardesandias.com/ Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita). Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania. Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariñ...

A lenda de Antioquia (El río Limia y sus contornos (1879))

¨Antioquia¨ (1) “Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”. El río Limia y sus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Tradución do orixinal en castelán

Frei Xose Seguín, natural de Sandiás, misioneiro no Chile do século XVIII

1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile. Frei Xosé Seguín - Frade franciscano natural de Sandiás (Ourense). Foi alumno e secretario do Colexio de Pasantes de Alba de Tormes (Salamanca) antes de incorporarse ó Colexio de Misioneiros de Herbón (A Coruña). Foi superior deste convento dende o 1749 ó 1752. No 1752 saiu de Cádiz con outros catro frades galegos con destino ás misións do Perú, territorio dos ¨indomitos e belicosos indios araucanos¨. En Ocopa (Perú) no 1754 foi nomeado Comisario Xeral de tódalas misións do Perú. En 1756 participou no Parlamento de Laja (tratados de convivencia entre os indíxenas e os españois, no de Laja, os indios Pehuenches solicitaron frades franciscanos). Nese mesmo ano participou conxuntamente con outros dous frades galegos (Fr. Alonso de la Iglesia e Fr. José Gondar) na fundación do Colexio de San Ildefonso de Chillán (Chile). No 1757...

Segunda viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de madrid a Galicia (1754)

Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia (1754). “ Hoxe 31 de outubro de 1754. Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria). Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Larouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas). Ponte das Poldras. Río Limia. Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso. A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita. Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós. Ermida de San Marcos. Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz”.

O Catastro da Ensenada no concello de Sandiás (1752-1753)

1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada nas tres parroquias do actual concello de Sandiás. -A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra, Agustina Delgado, María Carnero, Lucrecia Blanco, Josepha Ledo, Angela de Dios, Isabel Fernández, Hermenegilda Seguín, Juliana Manso, Estefanía Manso, María Ledo, Paula Feixoo, Theresa Otero e Juana Salgado). - A fregresía de Santa María de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130 casas incluídas 4 arruinadas.-Relación d...

Sandiás en 1849 (Diccionario Madoz)

A poboación do concello de Sandiás en 1849 segundo o Diccionario Madoz, era de 422 veciños, e 2.110 habitantes. Produción: millo, trigo, centeo, patacas, liño e outras froitas. Gando: críase gando vacún, cabalar, mular, lanar e porcino. Industria agrícola: muíños fariñeiros e lenzos de liño. Comercio: gando, lenzos e samesugas. Poboación: 422 veciños – 2.110 almas Parroquia de Sandiás: 156 casas. 456 veciños (750 almas). Escola de letras frecuentada por 30 nenos. Cartería.

As lendas da lagoa de Antela

Imaxe
                                                               Foto: Excalibur (@galipedia) ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1)  “E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.  “ Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon...

A torre do Castro ou a torre de Sandiás

Imaxe
A torre do Castro, construída no século XII, é un dos monumentos máis emblemáticos da Limia. A torre de Sandiás foi unha das moitas fortalezas galegas que foron derrubadas durante a Revolta Irmandiña de 1467. Nesta revolta as xentes das vilas e aldeas rebeláronse contra os ¨moitos agravios, danos e males¨ que recibían desde as fortalezas (¨refuxio de malfeitores¨) dos señores, cabaleiros e prelados. Para iso, organizáronse en irmandades leais ó rei comandadas por fidalgos (Diego de Lemos, Pedro de Osorio, etc..) , uníndose na primavera de 1467 nunha gran insurrección xusticeira que ía derrubar a maior parte dos castelos e torres que había en Galicia e que obrigará a parte da nobreza a fuxir cara a Portugal ou Castela (a primeira das fortalezas derrubadas vai ser o Castelo Ramiro, preto de Ourense, da que se teñen novas do seu derrocamento o 25 de abril de 1467). Na primavera de 1469 a nobreza contraatacou, venceu ós irmandiños, e fixolles reconstruír algunhas das fortalezas ós mesmos ...

Os máis de 400 anos do retablo de Santo Estevo de Sandiás (1607-2010)

Imaxe
O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, é esta a data que podemos contemplar no alto do retablo e que apareceu durante as obras de restauración a que foi sometido hai uns poucos anos e nas que o retablo recuperou as súas antigas cores e as pinturas orixinais. O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure*, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor. Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os innovadores aires do novo estilo que chegaría anos máis tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interes...

O primeiro intento de desecamento da lagoa de Antela pola Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765)

Imaxe
       O ilustrado galego Xosé Cornide Saavedra   Para os ilustrados do século XVIII, a agricultura é o mais sólido fundamento do progreso económico e social, por iso unha das súas principais preocupacións vai ser a mellora da agricultura. Os ilustrados analizaran continuamente a situación da agricultura galega, sobre todo os atrancos para o desenvolvemento desta. Proba desde interese vai ser a creación, en 1765, da Academia de Agricultura de Galicia na Coruña. O seu principal obxectivo vai ser ¨investiga-las causas da decadencia da agricultura nas sete provincias do reino de Galicia¨. Unha das principais preocupacións da ilustración é a recuperación para o labradío das terras improdutivas, polo que non podían pasarlles desapercibidas as terras da Limia, asolagadas pola lagoa de Antela. Lamentablemente, nesta iniciativa e noutras, a nobreza, que era a que tiña o dominio das terras, non tiña ningún interese en realizar cambios nin modernización ningunha, polo q...

A importancia das redes

Imaxe
A torre do Castro Dende a nosa asociación cultural somos conscientes de que existe unha clara demanda dos chamados bens sociais (medio ambiente, historia e cultura), e estes bens, na súa maioría son patrimonio do noso rural. Na posesión destes bens pode estar o futuro deste medio. Mais para que sexan útiles han de ser xestionados con criterios de sostibilidade, así como dotalos dunha visibilidade, cousa que non é doada para os pequenos concellos do interior da nosa terra. Obviamente, tamén somos conscientes de que un concello do rural do interior de Galicia non pode promocionarse por si só, senón que ten que apoiarse nunha rede de concellos que busquen un mesmo fin, como por exemplo, unha rede de concellos que busquen promocionar e pór en valor unha parte do seu patrimonio histórico-artístico para poder con iso realizar accións de promoción conxuntas, e así relanzar as zonas rurais. Hai que lembrar que estamos a falar dun mundo rural vivo, que neste intre mantén unha personalidade pro...

Os humidais en España

Imaxe
Areeira recuperada en Sandiás En España no último medio século desapareceron máis do 50 % dos humidais que existían. A desecación dos terreos para cultivos agrícolas e a continua explotación foron algúns dos principais factores que causaron a degradación destes. Os humidais presentan condicións idóneas para que se asenten diferentes especies de animais, tanto vertebrados (anfibios,réptiles, peixes, mamíferos e, sobre todo, aves acuáticas), como invertebrados. De toda a fauna dos humidais son as aves as máis características. O 12 % das especies de aves mundialmente ameazadas dependen nalgunha fase da súa vida dos humidais e destas o 57 % habitan en lagos ou encoros, o 36 % en ríos e regatos e o resto en turbeiras, marismas e lagoas. A Lagoa de Antela Na comarca da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 km cadrados –como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica,...

Actividades extraescolares na Casa da Lagoa de Antela

Imaxe
A Casa da Lagoa é un centro de interpretación que se abriu a mediados do ano 2008 nunha antiga casa labrega no centro da vila de Sandiás (A Limia - Ourense) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación nos anos 60, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e do patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os alumnos e visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con is...

Dinamización da Casa da Lagoa

Imaxe
Para a dinamización do centro botouse man da formula dos ¨voluntarios culturais¨, que a figura máis indicada para transmitir a cultura e as tradicións do territorio. Neste intre os encargados de mostrar a Casa da Lagoa son algúns membros da Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa, asociación que ten como un dos seus obxectivos a dinamización e o apoio á Casa da Lagoa. Neste centro así como na Casa da Cultura do Concello de Sandiás desenvolvéronse algunhas das accións de sensibilización, dinamización e formación sobre os recursos patrimoniais da comarca, como por exemplo, a xornada sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008), que reuniu a especialistas da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), así como outros profesionais e xente interesada en coñecer un episodio da nosa historia. Dende a nosa asociación cremos que a visita ó centro de interpretación da lagoa de Antela axuda a cumprir os obxectivos de dinamización do noso rural, e contribúe ...