Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta deputación ourense

#Memoriarural 1981: O presidente da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, inauguraba varias obras no concello de Sandiás

Imaxe
#Memoriarural 1981: O presidente da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, inauguraba varias obras no concello de Sandiás ( La Región , 1 de setembro de 1981).

#Memoriarural 1979: Victorino Núñez elixido presidente da Deputación de Ourense

Imaxe
#Memoriarural 1979: Victorino Núñez (Unión de Centro Democrático (UCD)) era elixido presidente da Deputación de Ourense coa maioría dos votos da corporación.

PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS

Imaxe
PRESENTACIÓN DA VI EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DA TORRE DO CASTRO DE SANDIÁS Por sexto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa celebración, o vindeiro domingo 31 de maio de 2015, dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro. Como xa é tradicional nesta proba, celebraranse 5 carreiras por categorías. Destacando a novidade introducida o ano pasado, a obriga de que na composición dos equipo s de 4 atletas conten con alomenos unha muller entre os seus compoñentes. A torre do Castro e o San Bieito da Uceira voltaran ser testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atrevan a desafiar as duras rampas, os xa famosos dous quilometros da dura subida, que levan ata a capela do santo. Tanto o Concello de Sandiás, como a Asociación Deportiva Limiactiva, agradecen a importante colaboración da Deputación de Ourense, así como de todas as empresas e veciños voluntarios, que fan p...

Actividades lúdicas e formativas para os veciños e visitantes durante os meses de verán (Xullo, agosto e setembro)

O Concello de Sandiás organizou para o ano 2012 unha serie de actividades lúdicas e formativas para os veciños e visitantes durante os meses do verán (Xullo, agosto, setembro). Como xa é tradicional durante os meses de verán o Concello de Sandiás organiza unha serie de actividades lúdicas e formativas para os veciños e para os visitantes. Durante o pasado mes de xullo tiveron lugar no colexio público de Sandiás os xogos organizados desde o programa ¨Lecer no rural¨ do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Achegar ós nenos que residen nos concellos de menos de 1.500 habitantes actividades lúdicas e culturais durante o verán é o obxectivo do programa "Lecer no rural", que a Deputación de Ourense pon en marcha na súa terceira edición. Un programa gratuíto para todos os concellos que o solicitan e que inclúe obradoiros e xogos tradicionais para que os nenos dos pequenos concellos poidan realizar actividades lúdicas durante o período estival. Os o...