Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2010

Frei Xose Seguín, natural de Sandiás, misioneiro no Chile do século XVIII

1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile. Frei Xosé Seguín - Frade franciscano natural de Sandiás (Ourense). Foi alumno e secretario do Colexio de Pasantes de Alba de Tormes (Salamanca) antes de incorporarse ó Colexio de Misioneiros de Herbón (A Coruña). Foi superior deste convento dende o 1749 ó 1752. No 1752 saiu de Cádiz con outros catro frades galegos con destino ás misións do Perú, territorio dos ¨indomitos e belicosos indios araucanos¨. En Ocopa (Perú) no 1754 foi nomeado Comisario Xeral de tódalas misións do Perú. En 1756 participou no Parlamento de Laja (tratados de convivencia entre os indíxenas e os españois, no de Laja, os indios Pehuenches solicitaron frades franciscanos). Nese mesmo ano participou conxuntamente con outros dous frades galegos (Fr. Alonso de la Iglesia e Fr. José Gondar) na fundación do Colexio de San Ildefonso de Chillán (Chile). No 1757

Segunda viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de madrid a Galicia (1754)

Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia (1754). “ Hoxe 31 de outubro de 1754. Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria). Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Larouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas). Ponte das Poldras. Río Limia. Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso. A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita. Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós. Ermida de San Marcos. Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz”.

O Catastro da Ensenada no concello de Sandiás (1752-1753)

1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada nas tres parroquias do actual concello de Sandiás. -A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra, Agustina Delgado, María Carnero, Lucrecia Blanco, Josepha Ledo, Angela de Dios, Isabel Fernández, Hermenegilda Seguín, Juliana Manso, Estefanía Manso, María Ledo, Paula Feixoo, Theresa Otero e Juana Salgado). - A fregresía de Santa María de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130 casas incluídas 4 arruinadas.-Relación d

Acta da Academia de Agricultura do Reino de Galicia do 10 de febreiro de 1765

Imaxe
  O ilustrado galego Xosé Cornide Saavedra     Acto cuarto de la Academia de Agricultura del Reyno de Galicia que se celebro el día diez de febrero de 1765.   ¨Igualmente he leydo una memoria que por encargo de la Academia havia formado el Sr. D. Juan Luis Ximenez de Saboya relativa al desagüe de la Limia, y habiendose en vista de ello conferenciado largamente sobre este punto, hizo presente a la Academia el particular conocimiento, que de este pays tiene el erudito Abad de Cobelas, D. Pedro González de Ulloa, residente en él, y se me encargo le escriviese en nombre de la Academia para que la franquease quantas noticias, y observaciones contribuyesen a facilitar este importante proyecto, como igualmente los usos que podrian, con mayor, y mas prontas ventajas destinarse las tierras desecadas, y que de recibidas estas noticias y las que comunique el Ingeniero D. Feliciano Míguez se volvera a tratar este asunto¨.

Sandiás en 1849 (Diccionario Madoz)

A poboación do concello de Sandiás en 1849 segundo o Diccionario Madoz, era de 422 veciños, e 2.110 habitantes. Produción: millo, trigo, centeo, patacas, liño e outras froitas. Gando: críase gando vacún, cabalar, mular, lanar e porcino. Industria agrícola: muíños fariñeiros e lenzos de liño. Comercio: gando, lenzos e samesugas. Poboación: 422 veciños – 2.110 almas Parroquia de Sandiás: 156 casas. 456 veciños (750 almas). Escola de letras frecuentada por 30 nenos. Cartería.

Extracto da acta da reunión da Academia de Agricultura do Reino de Galicia do 3 de febreiro de 1765

Imaxe
    Acto tercero de la Academia de Agricultura del Reyno de Galicia que se celebro el día tres de febrero de 1765:    ¨Ultimamente se trato el modo de desaguar la Limia, terreno de bastante extensión, situado entre la ciudad de Orense y Plaza de Monte Rey, que por no tener el declivio correspondiente las aguas, se inunda los inbiernos, de suerte que se llena de pantanos, y lagunas que impiden, que crezcan la mayor parte de sus frutos y que se aproveche el terreno con otros, que quitadas las aguas, según situación y hermosura del pays, seria de mucha utilidad. Trataronse varias medidas para conseguirlo, y para proceder con todo conocimiento acordó la Academia, que el Sr. D. Juan Luis Ximenez de Saboya, que tiene noticias particulares de este pays, hiziese unas apuntaciones, que sirvan de guia, assi para el conocimento de su situación, como para los medios de mexorarlo: y respecto, que deve pasar a ese pais D. Feliciano Míguez Theniente de Ingenieros, se le entregasen estas noticias por

As lendas da lagoa de Antela

Imaxe
                                                               Foto: Excalibur (@galipedia) ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (1)  “E unha era que como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús que estaba encantado co seu exército naquela veiga…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio”.  “ Orixe, fundación e primeiros tempos do Bon Xesús de Trandeiras” Boletín de la comisión de monumentos de Orense XI (1936-1939) Manuscrito orixinal do s. XVI. Transcrición de Antonio Cruceiro Freijomil Traducción ó galego do orixinal por X.F.   ¨OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTÚS¨ (2)  “… e coa calor do sol no verán espállanse pola atmosfera unha nube in

Preto de 200 atletas de tódalas idades participaron na Primeira Carreira Popular Torre do Castro

O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 1ª Carreira Popular Torre do Castro, o pasado domingo 30 de maio en Sandiás. A proba contou cunha numerosa participación de numerosos atletas de tódalas idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterano nas carreiras galegas, o carballinés, Manuel Fernández Ledo de 73 anos, do clube Kórpore do Carballiño. Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras Correr en Galicia (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo). A carreira contou con varias probas por categorías. Nas mesmas participaron, 21 nenos/as na carreira escolar ( 2.000 m ), 33 rapaces/as na carreira de 350 m . , e un total de 116 persoas na carreira absoluta ( 7.900 m ). O gañador da proba absoluta foi Rubén Diz (Xinzo - Ourense Atletismo) cun tempo de 0:28:38. Os 2º e o 3º clasificados foron Eloy Campos Dacosta (Ourense - At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense - ADAS PROINOR). O gañador, Rubé