Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

O antes e o despois do miliario de Zadagós

Imaxe
O miliario de Zadagós (Sandiás) da calzada romana Vía XVIII ou #VíaNova que ía de #BracaraAugusta (Braga) á #AsturicaAugusta (Astorga).  O miliario de Zadagós antes da súa rehabilitación e posterior colocación no seu sitio orixinal  O miliario de Zadagós, que marca a Milla LXXI,dedícouselle ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e dunha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos 90, conseguiu do seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.  O miliario de Zadagós despois da súa rehabilitación e a colocación no seu sitio orixinal