Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta eleccións municipais

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

Imaxe
Foto de María Concepción Méndez Gándara, nun cartel electoral das eleccions locais do ano 2007   Outra interesante entrada relacionada ca historia local de Sandiás, neste caso no mundo da política local,  dedicada a María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades de Ourense (moitos anos en Xinzo de Limia) e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos (1979-2015). Pódese ver no impresionante blog ¨Historia das nosas Mulleres Ourensás¨ da profesora e investigadora ourensá Rosa Cid Galante.  Máis información no seguinte ligazón:  https://mulleresourensas.blogspot.com/2023/07/maria-concepcion-mendez-gandara.html

#Memoriarural 1987: Foto aérea de Sandiás dunha postal electoral das eleccións municipais de 1987

Imaxe
#Memoriarural 1987: Foto aérea de Sandiás dunha postal electoral das eleccións municipais de 1987 (AP e Centristas de Galicia). Nela vese á esquerda, a pista polideportiva do colexio de Sandiás (rematado en maio de 1986), así como a Casa do Concello de Sandiás en obras (a remodelación e reconstrución da Casa do Concelllo realizouse no ano 1987). Á dereita da Casa do Concello aínda atopamos a escola unitaria de Sandiás. No seu solar construiríase o actual Centro de Saúde do concello, rematado en xuño de 1990.