Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta roma

A Vía Nova ou Vía XVIII: a calzada do ouro

Imaxe
Mapa da distribución das explotacións auríferas do Noroeste en relación ás vías romanas. En amarelo, a Vía Nova ou Vía XVIII (Mapa do CSIC) A Vía Nova ou Vïa XVIIII atravesaba en diagonal, do sudoeste ó noreste, a actual provincia de Ourense, cun total dunhas 210 millas romanas (uns 330 km). A principal característica da Vía Nova ou Vía XVIII, calzada de Bracara a Asturica, é a súa relación coas numerosas minas de ouro. Por exemplo: As Médulas (León), Os Milagres de Monte Medo (Baños de Molgas - Maceda), Os Biocos (San Xoán de Río), as dúas últimas en Ourense. Para saber máis, visita a web do CSIC: http://www.csic.es/web/guest/humanidades-y-ciencias-sociales;jsessionid=5546E28D616822FF3D9C325D45CDAFD1?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-3&p_p_col_pos=2&p_p_col_count=3&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&...

O antes e o despois do miliario de Zadagós

Imaxe
O miliario de Zadagós (Sandiás) da calzada romana Vía XVIII ou #VíaNova que ía de #BracaraAugusta (Braga) á #AsturicaAugusta (Astorga).  O miliario de Zadagós antes da súa rehabilitación e posterior colocación no seu sitio orixinal  O miliario de Zadagós, que marca a Milla LXXI,dedícouselle ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e dunha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás, a finais dos 90, conseguiu do seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.  O miliario de Zadagós despois da súa rehabilitación e a colocación no seu sitio orixinal 

O miliario de Zadagós

Imaxe
Este miliario (Milla LXXI da Vía Nova ou XVIII) dedicouse ó emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). O miliario atopouse a finais do século XIX, ou quizais como apuntan outras fontes no ano 1920, preto de Zadagós. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira en Zadagós. O Concello de Sandiás , a finais dos anos 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara, tal e como se pode observar na fotografía.