A lagoa de Antela
Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros.
A lagoa de Antela en 1960. En primeiro termo, a ponte das Poldras. O fondo a estrada de Villacastín a Vigo, actual N-525.
A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia dun amplo xogo de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundironse e derón lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, sudoeste e sur, respectivamente, as citadas serras.
Ó longo do Terciario, producto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos. A práctica totalidade das lagoas colmatáronse, a excepción da lagoa de Antela, que se conservou ata os nosos días.
Sobre ela contábanse infinidade de lendas, entre elas as máis fermosas está a da cidade de Antioquía, asolagada como castigo por idolatrar o galo; e a dos mosquitos, que erán o rei Artús e os seus soldados, enmeigados naquela veiga.
Innumerables foron os intentos de desaugamento e aproveitamento das súas terras para o labradío ata o seu definitivo desecamento a partir do comezo das obras no ano 1958. Os romanos tentárono coa construcción dun emisario principal e unha tupida rede de pequenas canalizacións, o seu emisario principal que ía dende Vilar de Barrio ata Ponte Liñares, medía 26 quilómetros de longo e 17 metros de ancho aproximadamente. A moderna canle seguiu o mesmo trazado. Da súa riqueza biolóxica destacaban as miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano.
No que foi no seu día o sur da lagoa instálaronse, a partires do ano 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construcción.
Neste intre téntase recuperar esta riqueza faunística e botánica mediante a recuperación das charcas das areeiras abandonadas.

O Concello de Sandiás abriu a principios de xuño de 2008 a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecación da lagoa de Antela, iniciadas no ano 1958.
Unha antiga casa labrega acolle o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela no centro da vila de Sandiás .Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e o patrimonio histórico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc.

Comentarios
Publicar un comentario