Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades da provincia e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos, nova entrada do blog ¨Historia das nosas mulleres¨

Imaxe
Foto de María Concepción Méndez Gándara, nun cartel electoral das eleccions locais do ano 2007   Outra interesante entrada relacionada ca historia local de Sandiás, neste caso no mundo da política local,  dedicada a María Concepción Méndez Gándara, mestra en varias localidades de Ourense (moitos anos en Xinzo de Limia) e alcaldesa de Sandiás durante moitos anos (1979-2015). Pódese ver no impresionante blog ¨Historia das nosas Mulleres Ourensás¨ da profesora e investigadora ourensá Rosa Cid Galante.  Máis información no seguinte ligazón:  https://mulleresourensas.blogspot.com/2023/07/maria-concepcion-mendez-gandara.html

Dona Irene Rodríguez Durán, a mestra durante moitos anos de Sandiás, protagonista do blog ¨Mulleres Ourensás¨

Imaxe
Foto de Dona Irene Rodríguez Durán en 1917 cando obtuvo o Premio de Ingreso do Instituto de Ourense  Interesante entrada dedicada a Dona Irene Rodríguez Durán, mestra moitos anos de Sandiás, no impresionante blog ¨Historia das nosas Mulleres Ourensás¨ da profesora e investigadora ourensá Rosa Cid Galante.  Máis información no seguinte ligazón:  https://mulleresourensas.blogspot.com/2012/06/irene-rodriguez-duran.html

#Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do CEIP de Sandiás, actuando como guía a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara.

Imaxe
#Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela ( #Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do CEIP de Sandiás (Maio 2008), actuando como guía a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara.  

#Memoriarural Ano 2012: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (#Sandiás)) e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás dos alumnos da Universidade de Vigo

Imaxe
    #Memoriarural Ano 2012: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela ( #Sandiás - Ourense)) e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás dos alumnos da Universidade de Vigo (17 de outubro de 2012).

#Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela e á igrexa de Santo Estevo de #Sandiás da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia da Coruña

Imaxe
    #Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela e á igrexa de Santo Estevo de #Sandiás da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia da Coruña (29 de xuño de 2008). O primeiro pola esquerda na parte de abaixo é o seu presidente, Felipe Senén López Gómez.

#Memoriarural Agosto de 2006: Homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario

Imaxe
  Un momento da homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006), logo do descubrimento da placa dandolle o seu  nome á praza do centro da vila de Sandiás onde viviu moitos anos.   Breve biografía de Dª Irene Rodríguez Durán.   Naceu en Couso de Limia (Sandiás - Ourense) en 1906, falecendo en Gondulfes (Castrelo do Val) logo de cumprir os 106 anos.   Cursou estudios no Instituto de Ourense, despois da convalidación na Normal accedeu ó Maxisterio en 1926 (ou 1928), sendo unha das poucas mulleres que naqueles anos estudaban unha carreira.   Exerceu un ano de practicas en Sanguiñedo (Baños de Molgas- Ourense), sendo o seu primeiro destino Vilariño de Conso (Ourense). Logrou por oposición a praza de mestra en Gondulfes (Castrelo do Val - Ourense), despois acadaría a definitiva en Sandiás por permuta ca súa nai, mestra de Couso e Sandiás. Sendo alí onde foi mestra durante moitos anos, ata a concentración escolar en Xinzo de Limia, onde se xubilou.   A m

#Memoriarural Ano 2004: Realización da escultura de homenaxe ás mulleres labregas limiás denominada ¨Homenaxe á pataqueira¨ situada en #Sandiás (#ALimia #Ourense).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2004: Realización da escultura de homenaxe ás mulleres labregas limiás denominada ¨Homenaxe á pataqueira¨ situada en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ). Esta escultura foi realizada dentro das actividades do Obradoiro de Emprego ¨Sandiás¨ durante o ano 2004.  

#Memoriarural Abril 2004: Foto do xornal La Voz de Galicia onde aparecen os rapaces do colexio de #Sandiás que se desprazaban á piscina de #XinzodeLimia

Imaxe
    #Memoriarural Abril 2004: Foto do xornal La Voz de Galicia (Edición Ourense) onde aparecen os rapaces do colexio de #Sandiás , que preparaba Tino Feijoo, que se desprazaban á piscina de #XinzodeLimia a practicala natación (actividade extraescolar subvencionada polo Concello de Sandiás).

#Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"

Imaxe
    #Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"  

#Memoriarural Anos 40 - Primeiros 70 do S.XX: Selos da fábrica de #gasosas de Berardo Méndez de #Sandiás

Imaxe
    #Memoriarural Anos 40- Primeiros 70 do século XX: Selos da fábrica de #gasosas de Berardo Méndez de #Sandiás ( #ALimia #Ourense ).

#Memoriarural Ano 1998: Concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1998: Foto realizada nuns momentos previos á concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar. Detrás del aparecen varias das compoñentes da Rondalla do Concello de Sandiás nese ano.

#Memoriarural Ano 2013: Obras de cubrición da pista polideportiva do colexio de #Sandiás.

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2013: Obras de cubrición da pista polideportiva do colexio de #Sandiás (Foto do mes de abril do 2013).

#Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos (#Sandiás #Ourense).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2000: Adecuación da contorna da ermida de San Pedro de Arcos ( #Sandiás #Ourense ). Ese mesmo ano procedeuse a súa restauración.  

#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás (#Ourense) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX

Imaxe
#Memoriarural Ano 1998: Operarios do Concello de #Sandiás ( #Ourense ) colocaron en setembro de 1998 o miliario de Zadagós rehabilitado, moi preto de onde se atopara a finais do século XIX ou a comezos do século XX, ó pe daVía Nova ou Vía XVIII. 

#Memoriarural 1997: Comeza a recuperación do miliario de Zadagós logo da cesión ó Concello de Sandiás polos seus propietarios

Imaxe
  #Memoriarural 1997: Comeza a recuperación do miliario de Zadagós logo da cesión ó Concello de Sandiás polos seus propietarios

#Memoriarural 1997: a fonte de Arcos rehabilitada

Imaxe
  #Memoriarural 1997: a fonte de Arcos  rehabilitada (Foto de abril 1997)