#Memoriarural 1945-2025: 80 aniversario da fábrica de Gasosas Berardo Méndez de Sandiás (1945-2025)

Cartel de ¨ Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos/as. Acto público do 80 aniversario da fundación de Gasosas Berardo Méndez (Sandiás)¨ celebrado no Museo da Limia o 5 de xullo de 2025. As primeiras bebidas carbonatadas aparecen no 1832, pero a industria dos sifóns e gasosas arranca a principios do século XX cando se comeza a embotellar. Na súa elaboración hai que disolver na auga dióxido de carbono, o responsable das burbullas. Para iso usábanse máquinas saturadoras , que cun compresor conseguían saturar a auga de gas carbónico. A gasosa foi un éxito total desde o seu inicio, poucas bebidas foron tan populares como ela, nun mundo no que como a nosa comarca, pouco máis había para beber que auga e viño. Tamén contribuíu o seu éxito que era un produto barato e, por riba, maridaba ben cuns viños de alta gradación, como por exemplo os de Monterrei, e dunha calidade que no seu momento deixaba moito que desexar. Así mesmo, a pouca calidade das augas naquel tempo fixo que a...