Publicacións

#Memoriarural 1979-2019: Fai 40 anos, un centenar de mulleres alzaron a voz para dar voz á cidadanía.

Imaxe
Principios dos anos 80: Sinatura da alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez, do crédito que o Concello de Sandiás concertaba co Banco de Crédito Local de España na súa sede de Madrid. Fai 40 anos, un centenar de mulleres alzaron a voz para dar voz á cidadanía. Elas foron 104. Eles, 7.937.  Unha delas foi Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa  de Sandiás elixida o 3 de abril de 1979. O 21 de novembro de 2019 , a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP)  recoñece o valor das alcaldesas do 79 nun acto no Senado.  #40añosdedemocracialocal  

#Memoriarural 1981: O C.D. Sandiás outro novo equipo na Terceira Rexional. Entrevista ó primeiro presidente do C.D. Sandiás, Pepe Losada, e o seu primeiro entrenador, Elías

Imaxe
#Memoriarural 1981: O C.D. Sandiás outro novo equipo na Terceira Rexional. Entrevista ó primeiro presidente do C.D. Sandiás, Pepe Losada, e o seu primeiro entrenador, Elías (La Región, Setembro 1981).

#Memoriarural 1981: O campo do C.D. Sandiás en marcha

Imaxe
#Memoriarural 1981: O campo do C.D. Sandiás en marcha. Gran ambiente de público no partido inaugural do campo de fútbol de Sandiás, no que o Sporting Montalegre venceu ó equipo local por 3 goles a 1. Asisitiu ó acto inaugural o presidente da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, que aparece acompañado na foto pola alcaldesa de Sandiás ( La Región, 3 de setembro de 1981).