Publicacións

#Memoriarural Agosto de 2006: Homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario

Imaxe
  Un momento da homenaxe a Dona Irene, mestra de Sandiás, no seu centenario (27 de agosto de 2006), logo do descubrimento da placa dandolle o seu  nome á praza do centro da vila de Sandiás onde viviu moitos anos.   Breve biografía de Dª Irene Rodríguez Durán.   Naceu en Couso de Limia (Sandiás - Ourense) en 1906, falecendo en Gondulfes (Castrelo do Val) logo de cumprir os 106 anos.   Cursou estudios no Instituto de Ourense, despois da convalidación na Normal accedeu ó Maxisterio en 1926 (ou 1928), sendo unha das poucas mulleres que naqueles anos estudaban unha carreira.   Exerceu un ano de practicas en Sanguiñedo (Baños de Molgas- Ourense), sendo o seu primeiro destino Vilariño de Conso (Ourense). Logrou por oposición a praza de mestra en Gondulfes (Castrelo do Val - Ourense), despois acadaría a definitiva en Sandiás por permuta ca súa nai, mestra de Couso e Sandiás. Sendo alí onde foi mestra durante moitos anos, ata a concentración escolar en Xinzo de ...

#Memoriarural Ano 2004: Realización da escultura de homenaxe ás mulleres labregas limiás denominada ¨Homenaxe á pataqueira¨ situada en #Sandiás (#ALimia #Ourense).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2004: Realización da escultura de homenaxe ás mulleres labregas limiás denominada ¨Homenaxe á pataqueira¨ situada en #Sandiás ( #ALimia #Ourense ). Esta escultura foi realizada dentro das actividades do Obradoiro de Emprego ¨Sandiás¨ durante o ano 2004.  

#Memoriarural Abril 2004: Foto do xornal La Voz de Galicia onde aparecen os rapaces do colexio de #Sandiás que se desprazaban á piscina de #XinzodeLimia

Imaxe
    #Memoriarural Abril 2004: Foto do xornal La Voz de Galicia (Edición Ourense) onde aparecen os rapaces do colexio de #Sandiás , que preparaba Tino Feijoo, que se desprazaban á piscina de #XinzodeLimia a practicala natación (actividade extraescolar subvencionada polo Concello de Sandiás).

#Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"

Imaxe
    #Memoriarural 1991: Recorte do xornal La Región do 7 de abril de 1991: "O Concello de #Sandiás trasladou tamén a súa banda de gaitas"  

#Memoriarural Anos 40 - Primeiros 70 do S.XX: Selos da fábrica de #gasosas de Berardo Méndez de #Sandiás

Imaxe
    #Memoriarural Anos 40- Primeiros 70 do século XX: Selos da fábrica de #gasosas de Berardo Méndez de #Sandiás ( #ALimia #Ourense ).

#Memoriarural Ano 1998: Concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1998: Foto realizada nuns momentos previos á concesión polos agricultores do concello de #Sandiás da ¨Pataca de Prata¨ ó presidente da Deputación de Ourense, X. L. Baltar. Detrás del aparecen varias das compoñentes da Rondalla do Concello de Sandiás nese ano.

#Memoriarural Ano 2013: Obras de cubrición da pista polideportiva do colexio de #Sandiás.

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2013: Obras de cubrición da pista polideportiva do colexio de #Sandiás (Foto do mes de abril do 2013).