Ano 1947: Recibo da contribución industrial da fábrica de gasosas de Berardo Méndez Fundada por Berardo Méndez Fernández en Sandiás (A Limia - Ourense) o 28 de xaneiro de 1945, tal e como figura no Rexistro de Liquidacións de Altas de Industria da provincia de Ourense. Nun principio ademais das gasosas, tiña venda de viño, que traia da zona de Monterrei. Máis tarde, dedicaríase tamén á distribución de bebidas (as augas minerais (Cabreiroá, ...), a cervexa (El León) , as bebidas refrescantes ( Coca-Cola, Fanta ,...), etc.). A súa área de reparto era a contorna inmediata na comarca da Limia, destacando os concellos de Xinzo de Limia (sobre todo a vila de Xinzo), Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira e Os Blancos. E no concello de Bande, A Feira Nova (A Ponte Liñares). Servindo tamén bebidas nas feiras e nas festas de moitas das parroquias da Limia. Dende os primeiros anos tiña dous camións para o reparto, un Delahaye e un Renault, ós que se lle iba cambiando as pezas