Por Vicente Risco ( Vida Gallega , xullo 1957) Extraído da web de cultura popular do concello de Sandiás. Tradución do orixinal en castelán. O desecamento da lagoa de Antela, vella ilusión dos economistas do século XVIII, recollida despois polo Deán Bedoya e por outros, da actualidade a unha das comarcas máis definidas e máis fermosas de Galicia. Teño pasado longas tempadas á beira daquela gran chaira, na Pereira, parroquia de San Pedro de Sabariz, concello de Rairiz de Veiga –Rairiz, Sabariz, nomes xermánicos; predominio de cabeleiras loiras e ollos claros; afección a montar cabalos e eguas longas, de gran alzada: as bestas limiás. No período de entre guerras, aínda levaban os homes os seus chalecos con mangas, tecidos e feitos na casa, encarnados e rebereteados de trenzado negro, e os seus chapeus tecidos por eles en palla centea. Botabamos longas parolas nun comercio deses de todo, ó comezo da noite, polo tempo das mallas – facíanas a máquina, con máquina alugada, preparan
Comentarios
Publicar un comentario