Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

#Memoriarural Ano 1947: Fábrica de gasosas Berardo Méndez (Sandiás, Ourense)

Imaxe
  Ano 1947: Recibo da contribución industrial da fábrica de gasosas de Berardo Méndez  Fundada por Berardo Méndez Fernández en Sandiás (A Limia - Ourense) en datas posteriores ó fin da Guerra Civil (O primeiro recibo de contribución industrial que aparece é do ano 1947). Nun principio ademais das gasosas, tiña venda de viño, que traia da zona de Monterrei. Máis tarde, dedicaríase tamén á distribución de bebidas (as augas minerais (Cabreiroá, ...), a cervexa (El León) , as bebidas refrescantes ( Coca-Cola, Fanta ,...), etc.). A súa área de reparto era a contorna inmediata na comarca da Limia, destacando os concellos de Xinzo de Limia (sobre todo a vila de Xinzo), Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira e Os Blancos. E no concello de Bande, A Feira Nova (A Ponte Liñares). Servindo tamén bebidas nas feiras e nas festas de moitas das parroquias da Limia. Dende os primeiros anos tiña dous camións para o reparto, un Delahaye e un Renault, ós que se lle iba cambiando as pezas e