Publicacións

#Memoriarural Principios dos anos 2000: Foto do Grupo de Danza do Concello de Sandiás na Romería Raigame de Vilanova dos Infantes.

Imaxe
    #Memoriarural  Principios dos anos 2000: Foto do Grupo de Danza do Concello de Sandiás na Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes (Celanova). 

#Memoriarural Ano 1988: Actividades deportivas na pista polideportiva do campo de san Nicolás de Sandiás.

Imaxe
#Memoriarural Ano 1988: Actividades deportivas na pista polideportiva do campo de san Nicolás de Sandiás. Ese mesmo ano houbo un curso de baloncesto cun monitor da Federación Provincial de Baloncesto.

#Memoriarural Ano 2013: Un momento do tradicional pequeno desfile dos nenos do colexio de #Sandiás durante o entroido do ano 2013

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2013: Un momento do tradicional pequeno desfile dos nenos do colexio de #Sandiás durante o entroido do ano 2013 (Febreiro).

#Memoriarural Ano 2008: Xornada de portas abertas da Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) para os veciños das tres parroquias do Concello de Sandiás

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2008: Xornada de portas abertas da Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) para os veciños das tres parroquias do Concello de Sandiás (Febreiro 2008). O modelo escollido foi o de visita guiada polo centro pola alcaldesa, María Concepción Méndez.   

#Memoriarural Ano 2014: Visita á Casa da Lagoa de Antela e á igrexa de Santo Estevo de Sandiás do Clube Cultural Gamboa de Vigo

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2014: Visita á Casa da Lagoa de Antela e á igrexa de Santo Estevo de Sandiás do Clube Cultural Gamboa de Vigo (Veran 2014).

#Memoriarural Ano 1992: Caixa Ourense entregaba unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás (20 de xuño de 1992)

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1992: Caixa Ourense entregaba unha ambulancia para a Cruz Vermella de Sandiás (Nova do 20 de xuño de 1992). A vella ambulancia Seat 1500 que estivo na inauguración do posto de socorro de Sandiás no ano 1982, foi substituida por una ambulancia Talbot Horizon, posteriormente xa foron ambulancias Citroën, como por exemplo a Citroën GS do ano 1985 doada pola Caixa Rural de Ourense. 

#Memoriarural Ano 1991: Carné de voluntario da presidenta de Asamblea Local da Cruz Vermella de Sandiás: María Concepción Méndez

Imaxe
  #Memoriarural Ano 1991: Carné de voluntario da presidenta da Asamblea Local da Cruz Vermella de Sandiás, María Concepción Méndez. 

#Memoriarural Ano 2012: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) dun colexio

Imaxe
#Memoriarural Ano 2012:  Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) dun colexio do que non apuntei o seu nome (Visita realizada no mes de Novembro 2012).

#Memoriarural Ano 2003: Membros de #ProtecciónCivil do Concello de #Sandiás na romaría do San Bieito da Uceira (Ano 2003).

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2003: Membros de #ProtecciónCivil do Concello de #Sandiás na romaría do San Bieito da Uceira (Ano 2003).

#Memoriarural Ano 2011: Visita do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e as areeiras de Sandiás (Ourense))

Imaxe
  #Memoriarural Ano  2011: Visita do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia) á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e as areeiras de Sandiás (Ourense) (Foto do 20 de Decembro de 2011).

#Memoriarural 2011: O xoves 21 de xullo de 2011 tivo lugar, no Concello de Sandiás, a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2011: O xoves 21 de xullo de 2011 tivo lugar, no Concello de Sandiás, a presentación do selo da torre de Sandiás, promovido pola Sociedade Filatélica Miño, o selo que reproduce esta torre, máis coñecida polos veciños do concello de Sandiás pola torre do Castro, e é o segundo selo dunha serie dedicada ós castelos e fortificacións da provincia de Ourense. Á esquerda da foto podemos ver o presidente da Sociedade Filatelica Miño, José Barros, e a alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez na presentación do selo de Correos.

#Memoriarural Ano 2010: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do IES de Cangas do Morrazo

Imaxe
    #Memoriarural Ano 2010: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do IES de Cangas do Morrazo (Abril 2010).

Memoriarural 1945-2025: Botellas de antes da serigrafía de Gasosas Berardo Méndez de Sandiás

Imaxe
  #Memoriarural 1945-2025: Botellas de antes da serigrafía de Gasosas Berardo Méndez de Sandiás ( #Ourense ) realizadas con moldeado en relevo da marca da fábrica BERARDO- GASEOSAS-MENDEZ (Foto: Colección privada de Miguel Ángel Martínez Coello)

#Memoriarural 1945-2025: 80 aniversario da fábrica de Gasosas Berardo Méndez de Sandiás (1945-2025)

Imaxe
   Cartel de ¨ Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos/as. Acto público do 80 aniversario da fundación de Gasosas Berardo Méndez (Sandiás)¨ celebrado no Museo da Limia o 5 de xullo de 2025. As primeiras bebidas carbonatadas aparecen no 1832, pero a industria dos sifóns e gasosas arranca a principios do século XX cando se comeza a embotellar. Na súa elaboración hai que disolver na auga dióxido de carbono, o responsable das burbullas. Para iso usábanse máquinas saturadoras , que cun compresor conseguían saturar a auga de gas carbónico. A gasosa foi un éxito total desde o seu inicio, poucas bebidas foron tan populares como ela, nun mundo no que como a nosa comarca, pouco máis había para beber que auga e viño. Tamén contribuíu o seu éxito que era un produto barato e, por riba, maridaba ben cuns viños de alta gradación, como por exemplo os de Monterrei, e dunha calidade que no seu momento deixaba moito que desexar. Así mesmo, a pouca calidade das augas naquel tempo fixo que a...

#Memoriarural Ano 2012: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela de #Sandiás) da Asociación de Mulleres Rurais de Allariz (Ourense)

Imaxe
  #Memoriarural Ano 2012: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela de #Sandiás ) da Asociación de Mulleres Rurais de Allariz (Ourense) o 22 de setembro de 2012.

#Memoriarural Ano 2013: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do colexio Divina Pastora

Imaxe
    #Memoriarural Ano 2013: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás dos alumnos do colexio Divina Pastora de Ourense (Novembro 2013).

#Memoriarural Ano 1945: Posta en marcha da fábrica de gasosas Berardo Méndez (Sandiás, Ourense)

Imaxe
  Ano 1947: Recibo da contribución industrial da fábrica de gasosas de Berardo Méndez  Fundada por Berardo Méndez Fernández en Sandiás (A Limia - Ourense) o 28 de xaneiro de 1945, tal e como figura no Rexistro  de Liquidacións de Altas de Industria da provincia de Ourense. Nun principio ademais das gasosas, tiña venda de viño, que traia da zona de Monterrei. Máis tarde, dedicaríase tamén á distribución de bebidas (as augas minerais (Cabreiroá, ...), a cervexa (El León) , as bebidas refrescantes ( Coca-Cola, Fanta ,...), etc.). A súa área de reparto era a contorna inmediata na comarca da Limia, destacando os concellos de Xinzo de Limia (sobre todo a vila de Xinzo), Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira e Os Blancos. E no concello de Bande, A Feira Nova (A Ponte Liñares). Servindo tamén bebidas nas feiras e nas festas de moitas das parroquias da Limia. Dende os primeiros anos tiña dous camións para o reparto, un Delahaye e un Renault, ós que se lle iba camb...

#Memoriarural Ano 1999 ou 2000: Poster turístico ¨#Sandiás: Un recuncho da lagoa¨ (Ano 1999 ou 2000)

Imaxe
  #Memoriarural 1999 ou 2000: Poster turístico¨ #Sandiás : Un recuncho da lagoa¨ (1999 ou 2000). As fotos realizounas o mestre e historiador de Verín, Adolfo Rolán Fernández. Foto do arquivo dixital do Museo do Pobo Galego (MPG).

#Memoria rural Ano 2011: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás (Ourense) de alumnos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense)

Imaxe
#Memoriarural An o 2011: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de Sandiás (Ourense) de alumnos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) (Marzo de 2011).

#Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela) e ás areeiras de #Sandiás dos alumnos do Curso de Monitor de Tempo Libre (Lodoselo - Sarreaus)

Imaxe
#Memoriarural Ano 2008: Visita á Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da lagoa de Antela (Sandiás - Ourense)) e ás areeiras de #Sandiás dos alumnos do Curso de Monitor de Tempo Libre (Lodoselo - Sarreaus) (Foto do 6/08/2008).