Publicacións

Acta 14ª da Academia de Agricultura do Reino de Galicia con relación ó desaugamento da lagoa de Antela en 1765

Imaxe
  O ilustrado galego Xosé Cornide Saavedra   O enxeñeiro militar de orixe francesa Carlos Lemaur Acta 14ª celebrada el día 28 de abril de 1765.   ¨El Sr. D. Carlos Lemaur, e yo dimos quentas de las observaciones echas sobre la carta del Abad de Cobelas y mapa de la Limia, presentando el calculo de el canal que debe formarse para el desagüe de ese pays, y siendo de cuatro Leguas de largo, con siete Baras de ancho en su medio poporcional, y dos de profundidad ha resultado costará mas de medio millón de reales, en cuya consecuencia, y para proceder con mas acierto, se me encargo bolviese a escrivir al mismo Abad pidiendole una circunstanciada relación de las utilidades, que podran resultar al pays, ejecutado el desagüe; la cantidad de leguas quadras de tierra que quedaran desaguadas, la calidad de esta y otras noticias conducentes a este efecto¨.

Acta da Academia de Agricultura do 21 de abril de 1765 onde se trata o proxecto de Pedro González de Ulloa

Imaxe
    O ilustrado galego Xosé Cornide Saavedra Plano do val do Limia  de D. Pedro González de Ulloa  (Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia) O enxeñeiro militar Carlos Lemaur. Gravado de Francisco de Goya (1788)(@galipedia)   Acta 13ª celebrada el día 21 de abril de 1765.   ¨Se leyo una carta de D. Pedro González de Ulloa, Abad de la Feligresía de Cobelas en tierras de la Limia en que contestando a otra que de orden de la Academia escriví explica el facil modo de desagüar este Pays, y habiendo merecido particular consideración de todos los individuos se nos encargó al Sr. D. Carlos Lemaur, y a mi (Joseph Cornide), que con presencia de un mapa que acompaña y de otro que yo ofrecí de este pays nos informasemos de los medios que propone, y lo hiciesemos a la Academia en la primera sesión, de el resultado de nuestra conferencia¨.

Antioquia (Revista Nós, 1931)

¨Antioquia¨ (2) “ Dos pobos da parróquea é iste (Cardeita) o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquia) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín ¨contaban os vellos”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós (xuño-setembro, 1931)

A lenda de Antioquia (El río Limia y sus contornos (1879))

¨Antioquia¨ (1) “Algún diravos que as súas lamecentas augas ocultan as torres dunha soberbia cidade fundada por Antíloco, tendo unha sorte parecida ás de Pentapoles na Palestina polo seu nefando crime á idolatría prodigada ó galo, figura que aínda hoxe se destaca nas torres e campanarios de Galicia. Outros que, ó reverberar dun sol lucente e límpido nun día primaveral, reflíctense nas súas satinadas augas a cúpula de edificios alí asolagados, con outras mil andrómenas que o sopro da ilustración se encargará de disipar no espacioso ambiente que as axita”. El río Limia y sus contornos (1879) Benito Fernández Alonso Tradución do orixinal en castelán

Frei Xose Seguín, natural de Sandiás, misioneiro no Chile do século XVIII

1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile. Frei Xosé Seguín - Frade franciscano natural de Sandiás (Ourense). Foi alumno e secretario do Colexio de Pasantes de Alba de Tormes (Salamanca) antes de incorporarse ó Colexio de Misioneiros de Herbón (A Coruña). Foi superior deste convento dende o 1749 ó 1752. No 1752 saiu de Cádiz con outros catro frades galegos con destino ás misións do Perú, territorio dos ¨indomitos e belicosos indios araucanos¨. En Ocopa (Perú) no 1754 foi nomeado Comisario Xeral de tódalas misións do Perú. En 1756 participou no Parlamento de Laja (tratados de convivencia entre os indíxenas e os españois, no de Laja, os indios Pehuenches solicitaron frades franciscanos). Nese mesmo ano participou conxuntamente con outros dous frades galegos (Fr. Alonso de la Iglesia e Fr. José Gondar) na fundación do Colexio de San Ildefonso de Chillán (Chile). No 1757...

Segunda viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de madrid a Galicia (1754)

Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia (1754). “ Hoxe 31 de outubro de 1754. Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria). Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Larouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas). Ponte das Poldras. Río Limia. Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso. A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita. Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós. Ermida de San Marcos. Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz”.

O Catastro da Ensenada no concello de Sandiás (1752-1753)

1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada nas tres parroquias do actual concello de Sandiás. -A fregresía de Santo Estevo de Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250 casas, 12 delas arruinadas.-Relación de oficios: 1 xuíz (D. Vicente Seguín), 1 escribán (Antonio de Quintas), 1 ministro do xuíz (Joseph do Moiño), 3 xastres (Ciprian Olivera, Esteban Marra, Juan Morales), 1 canteiro (Pedro Franco), 2 siseiros (taberna e carnicería (Gonzalo do Moiño e Pasqual Sarmiento)), 1 taberneiro (Alonso Morales), 15 tecedeiras (Angela de Otero, Damiana Marra, Agustina Delgado, María Carnero, Lucrecia Blanco, Josepha Ledo, Angela de Dios, Isabel Fernández, Hermenegilda Seguín, Juliana Manso, Estefanía Manso, María Ledo, Paula Feixoo, Theresa Otero e Juana Salgado). - A fregresía de Santa María de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130 casas incluídas 4 arruinadas.-Relación d...