O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010)
O número 4 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás , A Torre do Castro, en PDF (Ano 2010): http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro42010 Neste número contamos cun artigo do escritor Vicente Risco publicado no desaparecido xornal La Zarpa en 1921 no que se nos describe un verán calquera na Limia desa época. Co gallo da cesión por parte do Estado da torre do Castro á Xunta de Galicia, recorremos a un pequeno artigo do historiador Xesús Taboada Chivite relacionado co castelo, que foi publicado en 1970 no xornal La Región . No apartado dedicado ó noso patrimonio inmaterial botamos man dalgunhas das lendas sobre a torre do Castro, así como un artigo sobre o entroido no concello de Sandiás da nosa colaboradora Carmen Cuquejo. Dedicamos tamén un espazo ó deporte cunhas páxinas dedicadas á Primeira Carreira Popular Torre do Castro que tivo lugar o 30 de maio de 2010. Rematamos este número cunha most...