Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2012

OS EXERCITOS ENCANTADOS DO REI ARTHUR

"Temos unha lenda que localiza a derradeira batalla d´el rei Arthur na chaira da Limia, Galiza, onde hai unha lagoa da que sae un río que despois entra en Portugal (...) E contase que os mosquitos que voan sobre aquela lagoa son os exércitos d´el rei Arthur, que alí ficaron encantados, agardando o seu retorno" . Vicente Risco Mitología Cristiana. Madrid, Editora Nacional, 1963.

A LAGOA DE ANTELA

Foi un dos humedais de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade. Tiña de profundidade media 0,60 metros e nalgúns “pozos” chegaba ata os 3 metros. A depresión da Limia tivo a súa orixe durante o Terciario como consecuencia dun amplo xogo de bloques. Uns ascenderon, dando lugar a diversas serras, como as de Queixa ou San Mamede, outras afundironse e derón lugar a un conxunto de depresións tectónicas, como as de Maceda, A Limia ou Monterrei, que bordean polo oeste, sudoeste e sur, respectivamente, as citadas serras. Ó longo do Terciario, producto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela, nas que, durante o Cuaternario, se foran amoreando sedimentos. A práctica totalidade das lagoas colmatáronse, a excepción da lagoa de Antela, que se conservou ata os nosos día

A ERMIDA DO SAN BIEITO DA UCEIRA

Imaxe
A primitiva ermida foi contruída no ano 1766, posteriormente sería reconstruida e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.

A IGREXA DE SANTO ESTEVO DE SANDIÁS

Imaxe
Trátase dunha das máis fermosas do renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha. O retablo maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século XVII. Foi realizado entre os anos 1603 e 1607 polo entallador Xóan Fernández O Mozo, un pintor de orixe portuguesa,  e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século.Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas da parte baixa, destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

A TORRE DO CASTRO OU TORRE DE SANDIÁS

Imaxe
A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde en 1467 é arrasado polos irmandiños, e logo reconstruído. Sen embargo, outras fontes dinnos que xa non foi reconstruído. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

¨O MITO DE ANTEO¨

“As pequenas culturas teñen unha relación complicada co mundo de hoxe en día. É unha situación de Anteo fronte a Hércules: Hércules é a globalización, e Anteo a posibilidade de resistir. O mito dinos que vence Hércules, mais tamén nós di que Anteo segue a resistir”. Seamus Heaney Poeta Irlandés (Irlanda do Norte, 1939-) Anteo: Mit. Xigante, fillo de Xea e de Poseidón. Hércules na súa viaxe ó Hiperbóreo ten que pasar por Libia, onde loita con Anteo, a quen derruba tres veces. Ó observar que cada vez que este tocaba terra -Xea, a súa nai- adquiría renovadas forzas, ergueuno no aire, e afogouno cos seus potentes brazos.

Sobre la necesidad del desagüe de la laguna de la Limia (2)

Por Domingo Fontán ( La Exposición Compostelana , xuño 1858). Reproducido coa autorización da Biblioteca do Museo de Pontevedra. Domingo Fontán (1766-1866) . Galego Ilustre. Autor da Carta Xeométrica de Galicia (1854), o primeiro mapa de Galicia realizado con métodos científicos, colaborador do Diccionario Madoz, e Deputado a Cortes por Pontevedra polo Partido Liberal. ¨Para evitar tantos daños el Señor Don Julián Touves, corregidor de la villa de Ginzo en 1825, concibió el pensamiento del desagüe de la expresada laguna, y al efecto se dedico á reconocerla detenidamente, y calculó el beneficio que recibiría la agricultura convirtiendo en terreno labradío y de 4ª calidad los que no son mas que inútiles juncales; demostró matemáticamente, que resultarían unos 24.308 ferrados de sembradura, los cuales en venta valdrían 3.240.855 rs vn, y en renta anual unos 120.000 ferrados de trigo que al precio quinquenal de 8 rs por ferrado, reportarían al país la suma de 960.000 reales. Ent

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨

¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(1) ¨A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai

¨DO NOSO SEÑOR E SAN PEDRO¨

¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´…, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro¨… “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨DO DEMO¨

¨D´o demo contán que, vindo unha noite da tuna unhos catorce ou quince mozos, aparecéuselles en forma de besta, que a colleron e empezaron a porse d´acabalo, e cantos máis se puñan, máis ib´alargando para se puxeran máis, hasta que se puxeron todos,; era pr´atravesar un río, pero cando iban no medio o qu´iba diante, revolveuse e dixo: ¡Ay, Jesús, que trandeira¡, y´entonces a besta (demo) desapareceu e quedaron todos no río….¨ Urbano Santana ¨Resume Xeneral de Folk-lore de Sandiás¨ Revista Nós , 1931

¨A LUMIEIRA DA ERMIDA DO SAN BIEITO DA UCEIRA¨

Imaxe
  ¨Na construción da ermida de San bieito da Uceira, en Sandiás, un home levaba no seu carro a lumieira da ermida. Como era nun monte e antigamente non había camiño principal, o home parou o carro e seguiu só para escoller o camiño máis cómodo para subir a lumieira. Cando volveu onde deixara co carro, este non estaba. Encontrouno despois xunto á ermida. A lumieira estaba xa colocada¨. Anónimo. Publicado nalgunha revista escolar ou do instituto.

¨O SAN BIEITO DA UCEIRA¨

¨O San Benito (abogado de coxos e outros padecementos físecos), ten unha capilla no monte, que leva o nome do Santo. Ten ofrecementos de pernas, corpos, caras…, según os membros doentes do que ofrece, de cera, que os ten colgados na capilla. O día da festa, e durant´e o ano, hay ofrecementos d´andarll´as novenas de pé ou de rodillas; outros arrumben o monte descalzos, porque lles fag´algún favor ou xa llo ten feito… Tamén é festa de merendas, ou mellor dito, xantares… Fanlle dúas festas ó ano, chamadas ¨San Benito de Marzo¨ e ¨San Benito de Seitura¨, acaso porque cadra nistes meses. É o Santo máis milagreiro que temos na parróquea. N´algún tempo trouxérono para igrexa en procesión, pero escapábase de noite pro monte; por eso tuveron que faguerlla capilla…(O mesmo sole contarse de todol´os Santos que hay retirados do pobo; hay quen dí qu´era cura que o mandaba levar…). ¨D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por

¨A FONTE DA CRUZ DE CARDEITA¨

“A saida do pobo hay nunh´a horta da ¨Crú´de Cardeita¨ unha fonte cuberta de zarapallada por´a veira, y´alí sale, ó día de San Juan, antes de nacer´o sol, unha cobra moi grande, qu´é unha persoa encantada. Trai un caravel na boca, y´o que llo quite co´a boca d´il, ten moito diñeiro, e s´e home, a cobra vólvese muller, e viceversa; pero s´está alí e non ll´o quita, cómeo a cobra”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨A FONTE DO MOURO¨(2)

“Na misma fonte hay unha moura encantada qu´está sentada n´unha silla d´ouro. Había unha rapaza qu´iba coas ovellas pro veciño ¨monte de Picos¨ e a moura aparecíaselle e peinaba moi ben con peina d´ouro; pero tiña que ser secreto, y´a rapaza contoullo a mai, entonces, a moura, comeuna; despóis ib´a mai verrando, ¨ ¡ay miña María!¨… y´a moura contestou, ¨María, Mariola, frita en aceite vay na miña barrigola¨… A mai d´esta moura tiña catro fillas encantadas na fonte; unha vez que foi un de Couso as seituras a Castilla, a vella enteirouse e deulle catro panochas de catro cornexos cada unha, para que as fose tirar á fonte e lle desencantar´as fillas; mais a condanada da muller, o ver as panochas que traía o seu home, antoxóusell´o trigo e comeulle un cornexo a unha; pero cand´o home foi cumplir ca orden da vella, tirou as outras tres panochas, unha a unha, e foron salindo hasta tres cabalos moi gordos e n´eles tres mozas moi guapas, que se marcharon; máis, o tirar a coarta, saliu un caba

¨A FONTE DO MOURO¨(1)

“A fonte do Mouro, é produto d´unha escavación que fixeron os vellos en busca d´unha trabe d´ouro: ¨Cando andaban cavando aparecéulles un mouro n´un cabalo, que lles dixo que non seguisen afondando senon darían c´unha trabe de alquitrán antes do d´ouro, y´entonces non cavaron máis”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨NA PROCURA DO TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨

¨Fai xa moitos anos, un grupo de veciños, tanto do Castro como das Pegas, movidos pola cobiza que un deles lle meteu nos miolos co libro dos tesouros ou ¨Ciprianillo¨, fartáronse de facer buratos por todo o outeiro, ata que cavando, cavando, descubriron o pozo do castelo de pura casualidade. Ó único que sacaron foi uns cantos xerros, ós que non deron a maior importancia, xa que eles ó que buscaban era o tesouro, pero como estaban baleiros, tiráronos de novo ou regaláronos. Algúns deles vinos nunha ocasión no Museo, pero non sei como estará referenciado¨. Fonte: Esta lenda foi recollida por J.J. Cid (O Castro - Sandiás).

¨A TRAIZÓN DA TORRE DE SANDIÁS¨

¨Cando eu era neno, un veciño de O Castro (a aldea que está ó pé da torre) contoume a seguinte lenda: ¨Hai moito tempo un exercito de homes vidos de lonxe arrodearon a torre do Castro, pero os que alí vivían defendéronse valentemente do ataque, e non a deron tomado (os seus muros ainda hoxe impresionan). Pero unha noite, un criado abriulles a porta ás agachadas, e eles entraron e pasaron a coitelo a todos os habitantes da torre, non tendo piedade con ninguén, para logo plantarlle lume e botala embaixo¨. Non hai moito tempo lin nun libro* de historia no que aparecia reseñado este relato; o exercito eran os Irmandiños. O meu veciño dubido moito que lerá este libro, mais as lendas moitas veces teñenvos unha base real¨. ¨... Os sitiadores, axudados pola traizón dun criado, entraron unha noite pola portela, mataron ós defensores, e puxeronlle lume á torre, onde pereceron os familiares, derruiron a fortaleza, e voltaron a reforza-lo cerco de Allariz¨ Recollida por Xavier F. M. *

¨O MOURO ROUBA ZAPATOS¨

“E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío curcumba¨ paseábase por´o alto e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.

¨O TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨

“Dentro d´o castillo hay un pozo con varios metros d´auga, moi oscuro, e por íl ten entrada, e debaixo hay un salón con moito ouro. Para desencantalo, hay que levar un hovo d´unha pita negra, y´a pita; ésta sóltase no salón, y´o hovo estréllase na frente a un xigante qu´está dentro c´unha machada levantada pra matar ó que vaya se non lle da co hovo…”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós, xuño-setembro, 1931. 

¨O CASTELO DE SANDIÁS¨

“Foi feito, según boca dos vellos, por´os mouros cand´ó de Pena que está de frente a unhos 7 Km pouco máis ou menos o Sur do d´eiquí, meténdose por´o tanto a Veiga no medio. Fixeron por debaixo da terra unha carretera desd´unh´autra torre e por éla andan os mouros d´un lado para outro. Cand´os fixeron, os ferreiros de Pena e máis o de Castro, pr´apuntar os picos non tiñan máis que un martelo pr´os dous e arreglábanse con él tirándoyo desd´unha a outra cando lles faguía falta”. “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” Urbano Santana Revista Nós , xuño-setembro, 1931.