¨A TRAIZÓN DA TORRE DE SANDIÁS¨
¨Cando eu era neno, un veciño de O Castro (a aldea que está ó pé da torre) contoume a seguinte lenda: ¨Hai moito tempo un exercito de homes vidos de lonxe arrodearon a torre do Castro, pero os que alí vivían defendéronse valentemente do ataque, e non a deron tomado (os seus muros ainda hoxe impresionan). Pero unha noite, un criado abriulles a porta ás agachadas, e eles entraron e pasaron a coitelo a todos os habitantes da torre, non tendo piedade con ninguén, para logo plantarlle lume e botala embaixo¨.
Non hai moito tempo lin nun libro* de historia no que aparecia reseñado este relato; o exercito eran os Irmandiños. O meu veciño dubido moito que lerá este libro, mais as lendas moitas veces teñenvos unha base real¨.
¨... Os sitiadores, axudados pola traizón dun criado, entraron unha noite pola portela, mataron ós defensores, e puxeronlle lume á torre, onde pereceron os familiares, derruiron a fortaleza, e voltaron a reforza-lo cerco de Allariz¨
Recollida por Xavier F. M.
*¨Historia de Allariz, Vila y Corte Románica¨ A. Cid Rumbao. Dep. Prov. Ourense (1984)
Comentarios
Publicar un comentario