Publicacións

Alumnos da Universidade de Vigo coñecerán en Sandiás a historia da lagoa de Antela

Imaxe
Vista aérea da lagoa de Antela antes do seu desecamento Autocolante da Casa da Lagoa de Antela co eslogan ¨Vennos descubrir¨ Un total de 150 alumnos do Campus de Ourense visitarán a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) e as areeiras recuperadas no concello de Sandiás. Un primeiro grupo composto por 50 alumnos da Universidade de Vigo visitará as instalacións da Casa da Lagoa en Sandiás o vindeiro sábado 10 de abril, máis adiante o resto dos alumnos visitarana en maio, onde coñecerán de primeira man a historia do desecamento, o antes e o despois, dunha das lagoas máis grandes do sur de Europa. A Casa da Lagoa de Antela, situada no centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, é unha iniciativa do Concello de Sandiás posta en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamiza-los núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turístico”. Son cinco salas de exposición máis out...

Os humidais en España

Imaxe
Areeira recuperada en Sandiás En España no último medio século desapareceron máis do 50 % dos humidais que existían. A desecación dos terreos para cultivos agrícolas e a continua explotación foron algúns dos principais factores que causaron a degradación destes. Os humidais presentan condicións idóneas para que se asenten diferentes especies de animais, tanto vertebrados (anfibios,réptiles, peixes, mamíferos e, sobre todo, aves acuáticas), como invertebrados. De toda a fauna dos humidais son as aves as máis características. O 12 % das especies de aves mundialmente ameazadas dependen nalgunha fase da súa vida dos humidais e destas o 57 % habitan en lagos ou encoros, o 36 % en ríos e regatos e o resto en turbeiras, marismas e lagoas. A Lagoa de Antela Na comarca da Limia existiu ata hai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 km cadrados –como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica,...

Visitas ás areeiras recuperadas (os humedais de Sandiás)

Imaxe
Desde o punto de vista medio ambiental a visita ó Centro queda incompleta sen visita-las Areeiras de Sandiás, que son areeiras abandonadas recuperadas ambientalmente para a flora e a fauna situadas a 5 Km da Casa da Lagoa. Nestes humedais podense observa-las aves a través de dous miradoiros de fauna instalados na zona. É importante destacar que parte dos elementos do antigo ecosistema húmido manteñense na actualidade na mesma chaira que ocupou a lagoa de Antela, que constitúe unha área vital de invernada para moitas especies raras e ameazadas que atopan nas areeiras da Limia un lugar como refuxio, nidificación e alimento. Unha causa disto foi a explotación de áridos no concello de Sandiás que creou moitas pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación xurdiu por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, actualmente Consellería de Medio Ambiente, o establecemento dun proxecto de restauración para as graveiras abandonadas. O ...

Actividades extraescolares na Casa da Lagoa de Antela

Imaxe
A Casa da Lagoa é un centro de interpretación que se abriu a mediados do ano 2008 nunha antiga casa labrega no centro da vila de Sandiás (A Limia - Ourense) coincidindo cos 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela (1958-2008). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación nos anos 60, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Para iso preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e do patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os alumnos e visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con is...

Biblioteca de publicacións en PDF relacionadas co concello de Sandiás

Imaxe
Issuu é unha biblioteca comunitaria onde os usuarios envian os seus PDF. Nesta biblioteca virtual aparecen publicacións relacionadas co concello de Sandiás e coa Lagoa de Antela, como poden ser artigos sobre o primeiro proxecto de desecamento da lagoa de Antela no século XVIII, carteis da xornada sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela , artigos sobre os 50 anos do comezo das obras de desecamento da lagoa de Antela, postal da torre do Castro, artigos sobre a torre do Castro, etc. Todo isto podese ver en: http://issuu.com/torredocastro

Descrición da lagoa de Antela no ano 1931 por un veciño de Sandiás

Imaxe
“A xa nomeada carretera que vai pra Xinzo, un Km. despois de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Lagoa de Antela) e crúzaia n´unha extensión de dous Km. e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despois a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sen límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na maior extensión) estendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corrente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´ela hai unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra botar na corte e faguer esterco, i´encanto esta na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨ que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara dúas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e ¨o Cabo d´Abaixo; este tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arr...

O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera as 4.000 imaxes

Imaxe
Capela do San Mateo en Vilariño das Poldras Igrexa, reitoral e cruceiro de Santo Estevo de Sandiás O grupo Flickr de Arquitectura tradicional galega supera xa os 500 membros e xa atesoura mais de 4.000 imaxes. Unha das principais motivacións deste arquivo fotográfico é que sirva para difundir e por en valor a nosa arquitectura máis tradicional, moita dela ameazada e vitima do abandono pola despoboación do noso rural. Calquera pode contribuir o grupo subindo fotos do patrimonio arquitectónico tradicional galego (principalmente ARQUITECTURA SEN ARQUITECTOS) (Airas/eiras, alpendres, alvarizas, batáns, casas-vivendas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras/palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes (só pontellas, pasadoiros, ...), pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, etc), e petos de ánimas e cruceiros. http://www.flickr.com/...